As prazas para as travesías en galeón adxudicaranse a partir do número 62

Información
15 Junio 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

 Realizouse o sorteo para as travesías en galeón que organiza o Concello e o colectivo Rompetimóns. O número resultante do sorteo foi o 64, polo que a adxudicación das prazas dispoñibles realizarase a partir de ese número en diante. Para confirmar a asistencia e fixar o día e hora das excursións, comezarán a chamar a partir da última semana de xuño aos solicitantes pola orde establecida no sorteo. As travesías realizaranse nas fins de semana, entre o 8 de xullo e o 3 de setembro. 14.06.2017.-O prazo para anotarse neste programa rematou o luns, 12 de xuño e en total foron 83 as solicitudes para participar nas travesías en galeón este verán, aínda que o número de persoas interesadas en participan é moito máis elevado xa que en cada solicitude podían figurar ata un máximo de 5 persoas inscritas. Cada solicitude recibiu un número para participar no sorteo e que é o que rexerá agora para a adxudicación das prazas.

 

Xa está pechado o calendarios das travesías e os horarios das rutas que dependen das mareas. A celebración das mesmas supedítase ás condicións meteorolóxicas. Os participantes embarcarán no peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía e a duración aproximada da excursión é de 2 horas. O aforo no galeón Cortegada limítase a 9 viaxeiros.

CALENDARIO

S 08 Xllo: 10:00- 12:00- 16:00 horas D 09 Xllo: 10:00- 12:00 horas S 15 Xllo: 12:00- 16:00 horas S 22 Xllo: 12:00- 16:00 horas S 12 Ago: 10:00- 12:00 horas D 13 Ago: 16:00 horas S 19 Ago: 12:00- 16:00- 19:00 horas D 03 Sep: 12:00- 16:00- 18:00 horas