“Bat Móbil” acadou o premio á embarcación máis orixinal do Descenso do Anllóns

Información
27 Junio 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

"Bat Móbil", primeiro premio á embarcación máis orixinal

Finalmente foron 14 as embarcacións participantes no Descenso do Anllóns. Nesta 20ª edición, o divertido e participativo concurso estivo caracterizado polo escaso caudal do río, polo que o xurado optou por non penalizar ás tripulacións que nalgún momento do percorrido non tiveron á metade dos seus membros sobre a embarcación, como figura nas bases. Os mozos e mozas, que son os principais protagonistas do Descenso do Anllóns, volveron a poñer a proba a súa imaxinación para sorprender con embarcacións moi orixinais.

O primeiro premio desta categoría, dotado con 300 euros, foi para o “Bat Móbil”. En segundo lugar clasificáronse “Os guerrilleiros”, que gañaron 200 euros, e os terceiros foron os membros do “Titanic do Anllóns”, que recibiron 125 euros. Ademais, o xurado decidiu outorgar un accésit de 50 euros ao “Nautilus do Anllóns” tamén no apartado de embarcacións orixinais.

Para “A Barca” houbo dobre galardón de 100 euros, xa que foi a carrilana acuática máis veloz e os seus membros tamén foron os mellores á hora de realizar as probas de habilidade, algunhas xa clásicas, como transportar un ovo durante todo o traxecto e entregalo san e salvo ou montar no touro mecánico, e outras que varían cada ano como foi nesta ocasión a de estoupar globos.

O primeiro premio á tripulación máis simpática, dotado con 200 euros, correspondeu ao “Hamvulatorio de Carvalho”, e o segundo, de 100 euros, foi para “A festa”. Tamén houbo dous accésits de 100 euros para “Anxos do Anllóns” e “Demos do Anllóns” pola súa simpatía.

Ambiente no Parque do Anllóns

Ambiente no Parque do Anllóns

O percorrido, como é costume, comezou na Ponte de Bértoa, onde se reuniu un gran número de persoas que foron acompañando ás embarcacións durante todo o traxecto ao longo do Bosque do Añón. No San Martiño, onde se celebraron algunhas das probas de habilidade, aumentou a concentración de público, pero foi no Parque do Anllóns, como é habitual, onde se produciu unha auténtica aglomeración para ver chegar aos participantes, que foron recibidos con batidos de chocolate e roupa seca para agardar o fallo do xurado. Desde a comisión de festas agradecemos a participación de todas e todos.

 

Ver a galería de fotos; http://www.carballo.org/novas.php?id=5192&idioma=gl&sec=30

 

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...