Costas autoriza á verbena da Ameixa

Información
13 Agosto 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

 Tal como a Confraría de Pescadores e a Agrupación de Parquistas querían, a verbena poderá celebrarse na Praia Compostela, xa que así o autorizou Costas.

Non obstante, o mesmo departamento estatal indica na mesma resolución que o evento debe levarse a cabo nas seguintes condicións:

A actuación debe axustarse á descrita na documentación presentada pola Cobraría e a Asociación de Parquistas.- Calquera alteración grave ocasionada ao dominio público marítimo terrestre con motivo da mesma, será de exclusiva responsabilidade da organización da Festa (Confraría e Parquistas).

Así mesmo , a resolución recolle expresamente que para a celebración do evento, a organización deberá cumprir os requirimentos sinalados polo Enxeñeiro Municipal co obxecto de preservar e garantir a conservación ou reparación sos servizos públicos . Estes condicionantes de obrigado cumprimento son colocar pranchas de aceiro na totalidade do acceso para repartir a carga dos vehículos pesados e constituír unha fianza de 3.000 euros como garantía de reposición dos servizos municipais que puidesen verse afectados polo paso dos vehículos. Cómpre recordar que, segundo a documentación por eles presentada, a previsión dos organizadores é que accedan á Praia atravesando o Paseo Marítimo 4 trailers de entre 35 e 40 toneladas de peso máis outros 2 camións de 3,5 toneladas que ademais deberían desprazarse polo areal ao longo de 250 metros.

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...