PPHVARAM444A toniña, Phocoena phocoena, é a especie de cetáceo de menor tamaño de todas as que están presentes no Hemisferio Norte. Na costa atlántica oriental distribúese dende as augas circumpolares (Mar de Barents), ata a costa senegalesa africana. No Mediterráneo está considerada extinguida. A poboación que está presente nas augas da península Ibérica resulta de especial singularidade.

 

Co nome de toniña meridional, P. phocoena meridionalis, denomínase ao ecotipo das toniñas que están presentes nas augas da península Ibérica, téndose comprobado xeneticamente que constitúen un núcleo poboacional diferente a calquera outra poboación de toniñas do mundo. As toniñas Ibéricas están máis emparentadas coas que viven no Mar Negro que coas do norte de Europa, polo que deberon formar parte dunha antiga poboación que, no pasado, se extendeu por todo o Mediterráneo e norte de África.

As toniñas meridionais Ibéricas son máis grandes que as toniñas do norte de Europa, o que acrecenta a súa singularidade.

A toniña en Galicia

En Galicia é unha especie considerada común, mais pouco frecuente. Rexístrase varada no 5% dos varamentos, e as observacións da especie non chegan ao 10% dos avistamentos totais de cetáceos.

No ano 2015, a CEMMA levou a cabo o proxecto PHOCOEVAL, realizando a primeira campaña específica para a monitorización da especie ao longo de toda a costa galega. Mediante unha mostraxe marítima e outra aérea rexistráronse varios avistamentos de toniña, pero o seu número resultou insuficiente para poder estimar a súa abundancia.

Máis información da campaña PHOCOEVAL no seguinte enlace: http://adega.gal/media/documentos/toninhas.pdf">http://adega.gal/media/documentos/toninhas.pdf

No ano 2016 realizouse a campaña internacional SCANS-III, para a monitorización dos pequenos cetáceos nas augas costeiras de toda Europa, estimándose unha poboación de 2900 toniñas nas augas Ibéricas. Este resultado indica que a especie presenta unha densidade moi baixa, e que está ao borde da desaparición.

As ameazas que sofre a especie son múltiples, sendo a máis importante a mortalidade por captura accidental en artes de pesca, de maneira que o 60% dos exemplares varados morreron por esa causa. Outras ameazas de consideración son a contaminación química e a destrucción e alteración do hábitat.

A costa de Galicia é unha área fundamental para a conservación da especie, pois aquí rexístranse o 80% dos varamentos e o 90% dos avistamentos da especie a nivel de toda a costa española.

A necesaria conservación

A toniña está incluída no Anexo II da Directiva Hábitat como especie prioritaria.

O http://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2011-3582" target="_blank">Real Decreto 139/2011, de 4 de febreiro, desenvolve o Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial e o Catálogo Español de Especies Amenazadas, no que a toniña se inclúe como vulnerable, o que implica a obriga de ter que poñer en marcha un plan de conservación para a especie.

A nivel galego, a Lei 9/2001 de Conservación da Natureza supón a trasposición da Directiva Hábitats da CE á lexislación autonómica, e o Decreto 88/2007, polo que se regula o Catalogo Galego de Especies Ameazadas, inclúe tamén á toniña, catalogada como especie vulnerable.

O pasado 19 de outubro, no marco do proxecto LIFE+INTEMARES, celebrouse un Obradoiro de expertos sobre a toniña no Centro de Investigación en Bioloxía e Biotecnoloxía Mariñas Experimentais de Plentzia, Euskal Herria. As conclusións desta xuntanza foron a necesidade de establecer un plan que contribúa á conservación da especie. Estiveron presentes membros das entidades AMBAR, CEMMA, CIRCE e SPVS, así como representantes do Ministerio de Medio Ambiente, da Junta de Andalucía e da Fundación Biodiversidad.

O futuro inmediato

A CEMMA está a recompilar toda a información científica dispoñible sobre a especie, e a elaborar un documento que servirá de base para que o Ministerio de Medio Ambiente poña en marcha o procedemento para o establecemento do Plan de Conservación da especie, e a súa execución mediante a publicación no BOE.

A conservación da toniña é todo un reto. Na actualidade, os medios de comunicación nos están amosando a difícil situación que está a atravesar a vaquita, Phocoena sinus, nas augas americanas do Pacífico, que se atopa ao borde da extinción. Non podemos, e sobre todo non debemos, deixar pasar a oportunidade de traballar pola recuperación da toniña, para impedir que entre no escuro catálogo da extinción. Sabemos que cada día que aparece unha toniña varada morta nunha praia estamos máis lonxe de conseguilo, sabemos que vai custar moito poñer en marcha medidas de conservación, mais, ou asuminos como sociedade galega este reto, ou a toniña desaparecerá das nosas augas en un par de décadas. Non o consintas.

Máis información sobre a especie no artigo:

http://www.vertebradosibericos.org/mamiferos/phopho.html">http://www.vertebradosibericos.org/mamiferos/phopho.html

Fotos CEMMA

Los vietnamitas liberaron hoy cientos de miles de carpas en ríos y lagos para que, jinetes sobre ellas, los genios Ong Cong y Ong Tao le lleven sus pedidos al Emperador de Jade en ocasión del Tet.

 Los vietnamitas liberaron hoy cientos de miles de carpas en ríos y lagos para que, jinetes sobre ellas, los genios Ong Cong y Ong Tao le lleven sus pedidos al Emperador de Jade en ocasión del Tet.

Aunque el Nuevo Año Lunar comienza en esta ocasión el 16 de febrero, desde hace días las familias están enfrascadas en los preparativos de su más importante fiesta anual. Y la liberación de las carpas es uno de los más importantes.

Rosa Quintana Conselleira do Mar "se niega" a aclarar cuanto y donde esta el dinero de los rescates de Salvamento Maríti...
Rosa Quintana Conselleira do Mar

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ALERTA Y DENUNCIA que podría estar utilizando el dinero público para hacerse un traje de gala de Gardacostas seg [ ... ]

La 4ª Regata Interclubes Ría de Pontevedra de Cruceros se reanuda este sábado en el Real Club de Mar de Aguete
La 4ª Regata Interclubes Ría de Pontevedra de Cruceros se reanuda este sábado en el Real Club de Mar de Aguete

-  Aguete, 02 de Febrero de 2018  Todo a punto para que este sábado se reanude, si el tiempo lo permite, la 4ª Regata Interclubes Ría de Pontevedra para cruceros con la consecución de la [ ... ]

Rescatados 15 pescadores portugueses dun pesquiro que naufragou

Navio da Marinha auxilia pescadores ao largo das Selvagens O navio hidrográfico da Marinha Almirante Gago Coutinho, em missão na Região Autónima da Madeira, auxiliou esta madrugada, 16 de junho,  [ ... ]

La Anchoa de Santoña: un producto tradicional que se reinventa en clave Gourmet

Bodega La Fuente, cadena de restauración especializada que opera en el me...

FNYH y Pequesurf recuperan las dunas de Somo

FNYH y Pequesurf recuperan las dunas de Somo

Los jóvenes participantes de los campamentos de surf, Pequesurf, que se c...

La piratería y el robo a mano armada en el Golfo de Guinea centran hoy un debate del Consejo de Seguridad de la ONU
La piratería y el robo a mano armada en el Golfo de Guinea centran hoy un debate del Consejo de Seguridad de la ONU

Organizado por China, presidente del Consejo en abril, Angola y Senegal, el foro busca abordar fenómenos que pese a su disminución en lo [ ... ]

DENUNCIAN A INCAPACIDADE MANIFESTA DA CONSELLEIRA DO MAR ROSA QUINTANANA “CHAPUZA” DO CONCURSO PARA OS HELICÓPTEROS DE S...
DENUNCIAN A INCAPACIDADE MANIFESTA DA CONSELLEIRA DO MAR ROSA QUINTANANA “CHAPUZA” DO CONCURSO PARA OS HELICÓPTEROS DE SALVAMENTO MARÍTIMO

Loli Toja alerta que a “xestión nefasta e temeraria” do goberno galego deixa a Galicia sen servizo de gardacostasSantiago de Compostela, 09 de  [ ... ]

Plazas de ingenieros navales a afines al PP que no son tal, los "trapicheos en la Consellería de Rosa Quintana" suman y ...
Plazas de ingenieros navales a afines al PP que no son tal, los

Cristina Huete   Ourense 13 ABR 2016 - 19:02 CEST El presidente de Portos, en el puerto deportivo de Sanxenxo. Portos de Galic [ ... ]