Carballo lembra a loita veciñal pola recuperación da marisma de Baldaio cunha xornada cultural, histórica e reivindicativa

Información
06 Mayo 2018
social youtube xornalgalicia   feed-image

O 8 de maio de 1977 é unha data histórica en Carballo. Aquel domingo de feira tivo lugar un dos acontecementos máis multitudinarios que se lembran: unha manifestación para reclamar a devolución da marisma de Baldaio á veciñanza despois de trinta anos de explotación por parte dunha concesión marisqueira que realmente se dedicaba á extracción masiva e ilícita de area.

41 anos despois, o Concello de Carballo e a Irmandade Moncho Valcarce queren lembrar aos homes e mulleres que loitaron pola recuperación dun dos espazos naturais máis importantes de Galicia cunha xornada histórica, cultural e tamén reivindicativa.

Ao mesmo tempo renderán homenaxe ao Cura das Encrobas, un home que desde o seu pensamento humanista e cristián, revolucionario e místico, dedicou a súa vida a convivir, defender e sufrir coa xeste máis vulnerable, tamén coa xente de Baldaio.

Un cartel conmemorativo deseñado pola ilustradora Laura Romero anuncia os actos que se levarán a cabo este martes 8 de maio, 41 anos despois daquela data histórica, a partir das 20.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa. Comezarán coa breve peza teatral Sen previo aviso, a cargo do cadro de teatro do coro Cántigas da Terra, interpretada por Xurxo Baña e dirixida por Moncho Iglesias, en homenaxe a Moncho Valcarce.

De seguido procederase á presentación e á proxección do documental Area nos ollos, dirixido por Iván Seoane e con guión de María Rama, que relata a loita pola recuperación da marisma de Baldaio. A película, do ano 2007, céntrase nos acontecementos do 8 de maio de 1977, consecuencia de décadas de explotación da marisma de Baldaio, na que chegaron a extraerse máis de cen camións de area diarios. “A extracción –lembra a presentación do documental- repercutía negativamente na vida dos vecinos de Lema. Víanse privados do seu medio de vida, o marisqueo comunal; moitas zonas de pastoreo foron asulagadas e non se lles permitía baixar á praia a gozar dela; ademais de estarse provocando na zona unha catástrofe medioambiental, debido ao mal uso das comportas, que se abrían e pechaban en función dos intereses da empresa e non segundo as mareas. Dende o primeiro momento, os vecinos da zona amosaron a súa oposición ao que en Baldaio estaba a acontecer, chegando o seu punto álxido coa manifestación do 8 de maio de 1977 en Carballo e que reuniu a preto de 5.000 persoas na capital bergantiñá”.

A xornada pecharase cunha mesa redonda na que participarán, entre outros protagonistas daquela loita vecinal, o actual alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...