UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock) /consultaría Natutecnia ,S.L CIF U70449558 contratada pola Xunta de Galicia Consellería de Medio Rural para o servizo de helicópteros e brigadas, con destino ao S.P.D.I.F. UNHA TRAMA DE NEGOCIOS DE CARTOS PÜBLICOS POR INICIATIVA DO PPdeG que pagamos todos os galegos/as sen investigar pola xustiza nen por a fiscalía.
A CIG denunciou que varios helicópteros de extinción tiñan helibaldes limitados a menor capacidade do contrato asinado pola Consellería de Medio Rural e a empresa concesionaria. Por outra banda Loli Toja na Comisión de Pesca do 30 de Octubre 2018, lembrou neste sentido que o PPdeG utilice as insticucións e os sector pesqueiro para seguir “despilfarrado” os orzamentos na “xestión desastrosa” da contratación dos helicópteros do Servizo de Gardacostas, poñendo “os intereses privados por enriba dos públicos” polo que “a empresa á que lle venderon dous helicópteros é a mesma coa que subcontratan logo o servizo”. A súa “incompetencia”, dixo, leva a que pagan agora 14 millóns a gardacostas para prestar un servizo que antes costaba 2, e ademais coas mesmas aeronaves.
Polas nosas denuncias a empresa tivo que facer cambios de helicóptero pero nos atopamos coa esperpéntica situación de que un helicóptero con helibalde limitado foi substituído por outro helicóptero cun helibalde tamén limitado.
A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock) /consultaría Natutecnia ,S.L CIF U70449558 contratada pola Xunta de Galicia Consellería de Medio Rural para o servizo de helicópteros e brigadas, con destino ao S.P.D.I.F.
A citada empresa concesionaria ten na base de Marroxo un helicóptero Augusta Bell AB412SP con Matrícula EC-LBL fabricado no ano 1989 co número de serie 25600 que substituíu dende o día 6 de outubro ao anterior despois da nosa denuncia por incumprir o prego de condicións ao levar menos cantidade de auga no bambi e ao faltarlle un escalón para que o persoal puidese subir ao aparato a unha altura menor aos 90 cm.
Babcock, empresa líder de salvamento en Galicia, condenada por la ...
La verdadera Trama de la Consellería do Mar, (PPdeG) de los ...
La Guardia Civil y Juzgado de Guardia vuelve a investigar a Rosa ...
Ese helicóptero non ten ningún tipo de escaleira ou peldaño para que poda subir a brigada ao citado aparato, tendo que subir demasiada altura o que pode producir lesións durante os traballos de embarque e de desembarque dos integrantes da brigada, podendo dar lugar a posibles accidentes e leva un helibalde limitado con algo máis 1000 litros de auga, moito menos do que establece o pliego condicións técnicas (1300 l).
https://www.google.es/search?q=helicopteros+xornal
Á vista do acontecido esiximos, novamente, que se tomen as medidas oportunas para que a empresa solucione o problema da carencia de escaleira para subir ao helicóptero e a correspondente sanción ou rescisión de contrato por incumprimento reiterado das prescricións técnicas do servizo no tocante a capacidade do helibalde.