Enviar por ; Correo electrónico

Manifestación en defensa do noso mar e contra o modelo acuícola do PP

Diario Marítimo ; 25 Febrero 2016  ; 393 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As entidades ecoloxistas e naturalistas abaixo asinantes apoiamos a manifestación deste sábado 27 de febreiro en defensa do noso mar e contra a planificación acuícola que propugna a Consellaría do Mar do Partido Popular.
Eis 10 razóns polas que dende un punto de vista ecoloxista rexeitamos esta planificación:

  1. Subxace una filosofía neo-liberal, pensada para privatizar o mar, sen nengún tipo de restricións. 
  2. Está pensada para a gran industria acuícola -Stolt-Nielsen e Pescanova- e posiblemente negociada con eles.
  3. O marco normativo que deseñou o PP pretende que compitan os sectores tradicionais coas multinacionais en base a criterios estritamente económico-financeiros e tecnolóxicos e de aproveitamento máximo do recurso, sen considerar a capacidade de carga e o mantemento dos ecosistemas acuáticos. 
  4. Declárase a actividade industrial acuícola de interese público polo que se poderá expropiar a franxa litoral que precisen as empresas. 
  5. Elimínase a posíbel intervención dos concellos, mediante a declaración de supramunicipalidade dos macropolígonos acuícolas. 
  6. Realízase de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s,... 
  7. Promove a intensivización “aproveitamento máximo do potencial marisqueiro” pola vía da transformación das zonas de marisqueo –actividade extractiva de baixo impacto- en parques acuícolas con técnicas de produción industrial. 
  8. Elimina a obrigatoriedade da avaliación ambiental das instalacións. 
  9. Permítese a ubicación de plantas acuícolas en espazos naturais protexidos: non hai zonas de exclusión. 
  10. Provoca unha degradación ambiental do mar e dos ríos como consecuencia dos contaminantes (produtos químicos, farmacolóxicos e materia orgánica), do cruce coas especies silvestres, do posíbel escape de especies foráneas (invasoras, exóticas,...), etc. 

Malia a ter anunciado a retirada do rascuño de Lei de Acuicultura nun claro intento de desmobilización, polo masivo rexeitamento das organizacións sectoriais, confrarías, mariscadoras e ecoloxistas, a idea de entregar as nosas rías e a nosa costa como terreo barato para o negocio das transnacionais acuícolas subxace nas actuacións políticas da consellaría do Mar.
Neste senso, a Lei de Acuicultura do PP é o último episodio dunha estreita sintonía entre governo galego e a patronal acuícola: normas a medida (Lei do Solo, POL, Plano da Rede Natura…), subvencións a eito, portas xiratorias…
Pero as nosas demandas para as Rías non rematan coa retirada desta Lei; é preciso recuperar a calidade das augas, o seu saneamento, que non se pode limitar á depuración dos vertidos domésticos e que debe contemplar a eliminación dos vertidos industriais que están a impedir a explotación racional dos recursos marisqueiros e pesqueiros; ao tempo, a revogación da recente prórroga de 60 anos a ENCE na Ría de Pontevedra, é unha esixencia irrenunciábel.
Por estas razóns e polas actuacións da Consellaría do Mar na tramitación desta norma, convocamos á cidadanía galega á manifestación deste sábado 27 en Compostela e demandamos a demisión da actual conselleira Sra. Quintana.
Asinan: ADEGA, AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio), APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), CEMMA, Ecologistas en Acción, FEG (Federación Ecoloxista Galega: grupos ADEGA, ADENCO, AEMS-Ríos con Vida, APDR, Asemblea do Suído, CES, GN Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verdegaia e Xevale), Grupo Naturalista Hábitat, PDRA (Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa), Verdegaia

Novas relacionadas

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +