Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Patricia Vilán sinala que o argumento de Feijóo sobre a necesidade de auga para xustificar a ubicación “cae polo seu propio peso” logo de coñecer o proxecto Novo Ciclo da Auga da empresa

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 16. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, esixiulle hoxe ao goberno galego que dea conta dos supostos estudos de valoración sobre o traslado da factoría de Ence fora da ría de Pontevedra. Estes documentos foron sinalados polo presidente da Xunta para defender a prórroga por outros 60 anos concedida á empresa polo goberno en funcións.

Vilán lembrou que o propio Feijóo, logo de asegurar que lle “estorbaba” a pasteira, tamén aseguraba ter “estudos de valoración” sobre o seu traslado, así como investimentos comprometidos na comarca de Pontevedra. A deputada socialista quere coñecer cales son en concreto eses supostos investimentos comprometidos.

Finalmente, advertiu que a localización tiña que manterse en Lourizán diante da elevada necesidade de auga para desenvolver a actividade industrial, un argumento que, dixo, “cae polo seu propio peso” logo de coñecer o proxecto “Novo Ciclo da Auga” presentado pola empresa en setembro de 2015. A auga que toma cada día do Lérez, dixo, veríase reducida nun 90 por cento, o que “xa non fai tan necesaria a súa ubicación no río”.

A deputada socialista apunta que a situación da factoría “non é a adecuada” e provoca un forte rexeito entre a poboación afectada pola contaminación que produce. Así o puxeron de manifesto en torno a 20.000 persoas que se uniron nunha das manifestacións máis importantes vividas pola cidade logo de coñecer a prórroga outorgada por Rajoy, que provocou o seu nomeamento como persoa “non grata” no Concello.

Este rexeitamento levou a aprobar por unanimidade unha proposta parlamentaria na pasada lexislatura dirixida a buscarlle acomodo fora da ría, un mandato que foi burlado polo Executivo de Feijóo, en contra mesmo do seu voto particular naquela sesión.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +