Enviar por ; Correo electrónico

As duchas do Preguntoiro trasladaranse á nova plataforma de madeira que cubrirá a canalización de pluviais

Diario Marítimo ; 29 Marzo 2016  ; 315 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión de hoxe destinar  12.109 euros na actuación necesaria para resolver o problema de inseguridade e de feísmo que supón a canalización de pluviais instalada tras o recente aporte de area á Praia do  Preguntoiro. A medida consistirá en cubrir o tubo e o formigón cunha plataforma de madeira tratada a onde se trasladarán as duchas da Praia. Costas autorizou a actuación, aínda que será o Concello quen corra cos gastos.
28.03.2016.- A plataforma de madeira descorrerá a carón da rampla da Praia, deixando libre un espazo ao inicio da mesma para permitir o paso da maquinaria de limpeza do areal. A plataforma terá 22 metros de largo por 4 de ancho e as duchas instalaranse no tramo final, o máis próximo ao mar a efectos de que a auga das mesmas xa desaugue directamente ao mar, evitando así arrastres de area. A zona anterior poderase utilizar a modo de secado e limpeza para que os bañistas, una vez duchados poidan saír directamente ao paseo sen ter que pasar pola area. Por tanto, as duchas actuais, cuxas bases xa se atopan bastante deterioradas, desaparecerán dos emprazamentos que tiñan ata o de agora.
A plataforma instalarase sobre pilotes de madeira de feito que quedará ao mesmo nivel que a rampla. Na zona final, á altura de onde se abre ao aire a canalización de pluviais, a plataforma levará una comporta pola que poder acceder á tubería a efectos de realizar tarefas de mantemento e evitar obstrucións por acumulación de area.
Esta solución, ideada polo Concello conta xa co beneplácito da Dirección xeral de Costas. Con esta medida eliminarase o risco de caídas ou tropezóns  que supoñía deixar  a canalización a ceo aberto e o formigón do redor que pasaba desapercibido coa area e que podía lastimar aos pes descalzos. O goberno local informou a semana pasada aos representantes da asociación e veciños de Vilaxoán sobre a actuación deseñada e que foi acollida con satisfacción polos mesmos, xa que a consideran “moi apropiada”.
Material moi resistente
O material que se utilizará para construír esta plataforma será madeira tratada ao autoclave, a técnica existente no mercado que aporta a máxima resistencia para manterse á intemperie e ao pé do mar. De feito os materiais contan cunha garantía de 10 anos.
Tras a aprobación do gasto, o Concello solicitará agora distintos presupostos a empresas especializadas para proceder á contratación do subministro das pezas e materiais e instalación. A previsión é que a plataforma estea concluída no mes de maio.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +