Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os sectores da pesca, do marisqueo e da acuicultura (principalmente o cultivo

do mexillón ou mitilicultura) teñen unha presenza relevante na economía galega. De

feito, Galicia é unha comunidade altamente dependente destas actividades . En ningún

país da Unión Europea as actividades relacionadas coa pesca e a acuicultura teñen

tanta significación no ámbito social e económico, como en Galicia.

En 2012 a contribución ao PIB das actividades de pesca e de acuicultura en

Galicia foi do 1,2%

1, moi por riba do que sucede nos países da UE, onde estas

actividades achegan ao PIB nacional unha porcentaxe non superior ao 0,4%

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (TEXTO FINAL PARA COMISIÓN DE PESCA DA UE.pdf)TEXTO FINAL PARA COMISIÓN DE PESCA DA UE.pdf 222 kB2016-03-31 10:37

2. Por

orde decrecente Grecia (0,34%), Malta (0,27 %), Portugal (0,23 %), Estonia (0,17 %)

e Letonia (0,16 %), son os estados nos que a pesca e acuicultura achegan porcentaxes

mais elevados ao seu PIB nacional.

Centrándonos na ría de Arousa, a riqueza dos seus concellos depende de xeito

moi significativo destas actividades. Así no en Ribeira o 27,8 % do PIB débese á

actividade destes sectores, e na Pobra do Caramiñal e en Catoira esta porcentaxe

aproxímase ao 22%. Por último nos restantes concellos desta ría, a pesca e a

acuicultura aportan entre o 10 e 20% do PIB municipal

1.

En canto á contribución ao emprego destas actividades na nosa Comunidade,

os datos da Consellería do Mar contabilizan por riba dos 31.000 empregos directos

que podemos desglosar en: 10.000 correspondentes ao sector transformador, 3.826

son mariscadoras/es, 5.461 son traballadores de acuicultura (4.052 en bateas, 795 en

parques de cultivo e 614 en granxas e criadeiros) e por último 11.746 están

vinculados coa pesca (78% en caladoiro nacional, 10% en augas comunitarias e 12%

en pesqueiras internacionais)

3.

1 Análise do sector da pesca. Instituto Galego de Estatística. 2015

2 Segundo datos da desagregación do PIB por ramas de actividades que publica Eurostat para os

Estados membros.

3 Enquisa sobre a poboación ocupada nos sectores da pesca e da acuicultura mariña en Galicia. OCUPESCA 2013.

Consellería do Medio Rural e Mar. 2015

1.- O SANEAMENTO INTEGRAL DAS RÍAS.-

Como unha gran parte das actividades anteriormente citadas se desenvolven

nas augas galegas, xa que é amplamente recoñecido que a calidade e a riqueza dos

peixes e mariscos que se crían nas nosas augas. Pero a continuidade de todas estas

actividades artesanais e sustentables depende do bo estado do medio natural, polo que

é preciso o seu coidado e protección.

Neste sentido dende a Plataforma levamos máis de 20 anos solicitando as

autoridades competentes investimentos para preservar a calidade do medio mariño, e

concretamente o saneamento integral das rías. Para elo requírense de actuacións reais

e efectivas, e de compromiso para que abordar as cuestións que citamos a

continuación.

1.1.- CORRECTA XESTIÓN E TRATAMENTO DAS AUGAS RESIDUAIS

URBANAS E INDUSTRIAIS.

É de todos coñecido que se produce un saneamento deficiente, ou incluso

inexistente das augas residuais por mor de problemas crónicos non resoltos, tanto nos

concellos costeiros como nos situados nos ríos incluídos na demarcación hidrográfica

Galicia-Costa

4:

1.1.1.- Rebordos dos sumidoiros unitarios como consecuencia da forte pluviometría

da zona. É urxente separar pluviais de fecais.

1.1.2.- Incumprimento da obriga legal de depurar os vertidos industriais, que seguen

ocasionando problemas no bombeo e na depuración das augas residuais domésticas.

1.1.3.- Déficit de mantemento da rede de sumidoiros, das estacións de bombeo e das

propias E.D.A.R.

1.1.4.- Necesidade de ampliacións das E.D.A.R. que foron construídas sen ter en

conta o importante incremento de poboación en época estival que se da en moitos

municipios costeiros galegos. Ou ben a construción de E.D.A.R. mais pequenas

adaptadas ás necesidades e que incorporen as melloras tecnolóxicas existentes.

4 De feito o Reino de España ten sido condenado polo Tribunal de Xusticia da UE en varias

ocasións polo incorrecto tratamento das augas residuais : Sentencia de 14 de abril de 2011 polo

incumprimento das súas obrigas de tratamento de augas residuais urbanas dos municipios de A

Coruña, Cariño, Tui, Vigo, Aguiño

-Carreira-Ribeira, Baiona, Noia, Santiago e Viveiro [Asunto C-

343/10], ou a máis recente Sentencia de 10 de marzo de 2016 polo incumprimento das súas obrigas

de tratamento adecuado de todas as augas residuais urbanas vertidas na ría de Pontevedra [Asunto

C-38/15], entre outras.

1.1.5.- Falta de control e actuación eficiente, por parte da administración competente,

para solucionar os puntos de vertido. Segundo comunicación de Augas de Galicia

5 á

Mesa de Control da Calidade das Augas das Rías Galegas, existen 1.100 puntos de

vertido no litoral galego. Ademais para os dous ríos máis importantes da ría de

Arousa: se contabilizan 509 puntos de vertido no río Ulla e 40 no Umia.

1.2.- MARCO LEXISLATIVO DE PROTECCIÓN DAS AUGAS.

O desenvolvemento do soporte lexislativo actual de protección das augas a

nivel europeo (baseado principalmente na Directiva Marco da Auga) está centrado

fundamentalmente en parámetros químicos, pero para poder abordar realmente os

problemas biolóxicos derivados da contaminación e acadar o bo estado ambiental dos

ecosistemas, precisamos que se desenvolvan ademais criterios máis amplos para a

caracterización real do nivel de afección ambiental das augas (criterios

microbiolóxicos, ecotoxicolóxicos, ecolóxicos, etc). Entendemos que a

caracterización química das augas por si sola non serve para definir o nivel de

afección ambiental.

Así precisamos que se realice a “biomonitorización” das augas nas rías galegas

-como se require na Directiva Marco da Auga- e, tamén que se fagan estudos ecotoxicolóxicos.

Por outra parte para o caso concreto das zonas (augas) declaradas para a

produción de moluscos bivalvos, a Directiva Marco da Auga inclúe requisitos de

protección especial, e require que as autoridades competentes:

(i)

Inclúan as zonas declaradas para a produción de moluscos dentro do Rexistro

de Zonas Protexidas establecido no Plan Hidrolóxico correspondente.

(ii)

Definan obxectivos medioambientais específicos para estas zonas.

(iii)

Avalíen o cumprimento de estes obxectivos específicos.

(iv)

E establezan programas de medidas específicas para alcanzar estes obxectivos.

En Galicia, as zonas de produción de moluscos atópanse maioritariamente na

demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Mediante o Real Decreto 11/2016 o estado

español acaba de aprobar o Plan Hidrolóxico desta demarcación para el período

2016-2021. Pese a que este novo Plan actualiza o Rexistro de zonas protexidas

incluíndo 125 zonas de produción de moluscos, non define obxectivos

medioambientais específicos para estas zonas, polo que neste segundo ciclo de

planificación hidrográfica tampouco se avalía o seu cumprimento, nin se establece un

programa de medidas específicas para estas zonas.

5 Augas de Galicia é a entidade pública da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

responsable en materia de augas.

A todas estas carencias hai que sumar que aínda que no presente Plan se

estableceron obxectivos medioambientais xerais para as masas de augas costeiras e as

de transición

6, mais da metade de esas masas non os cumpren e novamente se

prorrogan 6 anos máis a súa consecución.

Estes feitos volven a demostrar o incumprimento reiterado e continuado por

parte das autoridades competentes das súas obrigas de protección da calidade das

augas, en xeral, e das de produción de moluscos, en particular. Incumprimento que ao

longo de estes anos ten quedado patente nas numerosas sentencias condenatorias do

Tribunal de Xustiza da UE contra o Reino de España. Como exemplos citamos a

Sentencia de 15 de decembro de 2005 polo incumprimento das obrigas de

establecemento dun programa de redución da contaminación das augas para a cría de

moluscos na ría de Vigo [Asunto C-26/04] e a Sentencia de 4 de outubro de 2012 por

varios incumprimentos das súas obrigas respecto da Directiva 2000/60/CE [Asunto

C403/11].

En resume dende fai anos as autoridades competentes non cumpren coas súas

obrigas de protección suficiente da calidade das augas declaradas de produción de

moluscos, o que pon en risco a sustentabilidade dunha actividade (a produción de

moluscos) de gran importancia socio-económica para Galicia.

Por todo elo solicitamos

- que se inste as autoridades competentes ao cumprimento das súas obrigas para

garantir un elevado nivel de protección das augas onde se crían moluscos, equivalente

polo menos á que determinaba a Directiva 79/923/CE.

- que o Parlamento Europeo inste á Comisión a propoñer unha norma específica

para a protección das augas de cría de moluscos bivalvos en toda a UE.

1.3.- XESTIÓN ADECUADA DAS LAMAS DOS ENCOROS.

Como recoñece Augas de Galicia nun escrito de resposta á PDRA, non existe

ningún protocolo de actuación para a retirada das lamas dos encoros de

Portodemouros (río Ulla) e Caldas de Reis (río Umia), nin tampouco un control

ambiental dos desaugues de fondo que facilitan a saída de sedimentos dos encoros.

1.4.- VERTIDO DE REFUGALLOS PORTUARIOS NA BOCA DA RÍA DE

AROUSA.

Desde finais dos 90, o Ministerio de Fomento aprobou un punto de vertido nas

coordenadas 42º24´30´´N y 09º02´00´´W

, ao SW da Illa de Sálvora, para verter os

6 Obxectivos que teñen en conta a Lei 9/2010 de novembro de augas de Galicia, para as rías de

Galicia.

sedimentos e refugallos produto do dragado das radas portuarias e canles de acceso. A

elección dese punto de vertido non foi sometida a exposición pública nin está avalada

por informes ambientais coñecidos.

Desde aquela vertéronse máis de 5 millóns de metros cúbicos nunha verdadeira

montaña submarina que pode verse afectada pola circulación oceanográfica que

provoca o afloramento na ría

7 e acabar introducindo os contaminantes alí depositados.

A pesar de que a convención OSPAR

8 obriga a un determinado protocolo para a

elección dun punto de vertido e, tamén, ao control do impacto destes vertidos e a

pesares de ter solicitado a realización de estudos que acrediten a dinámica e o

impacto real no entorno mariño próximo ao Parque Nacional das Illas Atlánticas

9, só

tivemos o silencio por resposta.

Nós seguemos a reclamar a eliminación dese punto de vertido.

2.-

UNHA VERDADEIRA POLÍTICA EN DEFENSA DO MARISQUEO.

Unha verdadeira política en defensa do marisqueo tería evitado a mortandade

masiva de moluscos, investigando as súas causas. É necesaria a rexeneración de

zonas marisqueiras de baixo rendemento e garantir o subministro de semente

autóctona. Segundo o IGE, Galicia pasou de ter 6551 mariscadoras en 2001 a 3826 en

2015 (-41,6%).

Na ría de Arousa traballan o 45,5% das mariscadoras/es de Galicia e desde

aproximadamente o ano 2008, vemos con preocupación como a produción vai

descendendo diante da pasividade da Xunta de Galicia.

7 Plan de Continxencias das rías galegas, (Novembro, 2004), Consellería de Pesca e Asuntos

Marítimos. Páxina 92:

“Superposto ós movementos de marea existe unha circulación estuárica permanente (circulación

residual), na que a auga doce penetra pola cabeceira, procedente do río e pola súa menor densidade

flúe pola parte superficial, mesturándose coa auga salgada a medida que avanza cara á boca da ría;

esto ven compensado pola

entrada de auga oceánica polo fondo da ría e que se vai mesturando

verticalmente coa auga superficial que sae.

A velocidade das correntes horizontais residuais é

pequena si se compara coa velocidade das correntes de marea, polo que queda enmascarada por

estas últimas.

Roson (1992) da para a corrente residual un caudal medio de entrada de auga

profunda, no verán, de 3.900 m

3/sg entre O Grove e a Illa de Sálvora, que se reduce a 1.200

m

3/sg na parte media da ría e a 700 m3/sg no interior, aínda que este caudal varía coa

intensidade do afloramento costeiro.”

(a negrita é nosa).

8 Convención para a protección do medioambente mariño do norleste atlántico, suscrita polo

Estado Español

9 O punto de vertido está a só 2,02 e 3,71 millas respectivamente das zonas marítimas protexidas,

da Illa de Sálvora e das Illas de Ons, incluidas ambas no Parque Nacional marítimo-terrestre das

Illas Atlánticas (Ley 15/2002, B.O.E nº 157).

A aparición da Marteiliose no

berberecho ocasionou cáseque a súa

desaparición da ría de Arousa (tamén nas rías de Pontevedra e Vigo). Esta

enfermidade posiblemente introduciuse como consecuencia da ausencia de controis

sanitarios nas importacións de semente para repoboación. A caída en picado da

produción de berberecho desde o ano 2008 non serviu para que a administración

tomara medidas eficientes. Pasamos de 2.654,56 Tn no ano 2008 a 177,57 Tn no

2014, unha baixada do 93,3%.

A produción media de berberecho no período 2003-14 foi de 1.283,96 Tn/ano e

a produción de 2014 é o 86,2% menor.

Elaboración propia a partir de datos das lonxas

No caso das

ameixas (fina, rubia, japónica e babosa) no ano 2010 recolléronse

2.834,32 Tn e no 2014 aproximadamente 800 Tn menos.

Elaboración propia a partir de datos das lonxas

Dentro das ameixas, a

ameixa rubia baixou o 24% en 2014 con relación á

produción media de 240,21Tn/ano do período 2003-14.

Elaboración propia a partir de datos das lonxas

Na

vieira no 2010-14 baixamos o 57% das capturas e se tomamos como

referencia o pico de 2007 a baixada é do 79%. A produción media do período 2003-

14 foi 106,65 Tn e no 2014 recollimos o 54,2% menos que a media.

Elaboración propia a partir de datos das lonxas

Na

volandeira a produción media do período 2003-14 foi de 164,83 Tn/ano e

no ano 2014 as capturas baixaron o 20%. Con relación ao pico de 2010 a baixada é

máis pronunciada, do 49,25%.

Elaboración propia a partir de datos das lonxas

3.-

MEDIDAS DE APOIO Á MITICULTURA.

Galicia é a primeira produtora europea de

mexillón10 a certa distancia de

Francia e Italia. Segundo o IGE, no ano 2014, Galicia producíu 235.459 Tn que

representa o 95 % de toda a produción acuícola (mexillón, peixes e algas), pero sin

embargo o seu valor foi o 57% do total correspondente á acuicultura, o que indica a

necesidade de impulsar políticas de apoio que favorezan as potencialidades deste

produto de elevada calidade e incrementen o seu valor engadido.

En Galicia hai 3.337 bateas, das que 2.292 (68,7%) están na ría de Arousa.

Segundo a FAO

11 os peixes comestibles12 cultivados contribuiron en 2012

cunha porcentaxe sin precedentes do 42,2 % do total de 158 millóns de toneladas de

10 La política pesquera común en datos y cifras. Información estadística básica. Edición 2014

11 El estado mundial de la pesca y la acuicultura. FAO. 2014.

12 O termo “peixes comestibles” -no informe da FAO- comprende peixes de escama, crustáceos, moluscos, anfibios,

tartarugas de auga doce e outros animais acuáticos producidos para o uso previsto como alimento destinado ao

consumo humano. Páx. 20 El estado mundial de la pesca y la acuicultura. FAO. 2014.

peixe producido pola pesca de captura (incluido o destinado a usos non alimentarios)

e a acuicultura, fronte á porcentaxe de só o 13,4 % en 1990 e o 25,7 % no ano 2000.

No conxunto de Asia, a produción de peixes comestibles foi superior ás capturas de

peixes salvaxes desde 2008, e a proporción da acuicultura no total da produción

acadou o 54 % en 2012, mentres que en Europa supuso o 18 % e noutros continentes

menos do 15 %.

Elaboración propia a partir de datos das lonxas

Galicia contribuíu en 2014 con 243.913 Tn

13 de produtos de acuicultura

(principalmente mexillón, pero tamén outros bivalvos, polbo e peixes) o que

representa o 58,9% do total de produción acuática en 2014. Así en Galicia estamos

moi por riba da media mundial e triplicamos a media da UE. Grazas á mitilicultura

Galicia é a rexión da UE que acada niveis relativos de produción de acuicultura

similares aos de Asia.

Asemade, a nosa contribución acuícola está baseada nun modelo de produción

extensiva amigable co medio ambiente e sostible. A súa sustentabilidade ambiental é

enerxética se debe a que producimos un organismo autóctono situado no primeiro elo

da cadea trófica (o mexillón é un consumidor primario o que permite un

aproveitamento óptimo dos recursos naturais e de enerxía renovable do sistema) e

ademais a nosa acuicultura realiza prestación de servizos ecosistémicos e unha

fórmula de produción de alimentos con baixa pegada de carbono

14; no polo oposto da

13 Datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). 2014

14 Segundo o Informe do Observatorio Español de Acuicultura (Fundación OESA) “Cambio

Climático y Acuicultura“ (2013) por cada kg de mexillón producido en Galicia se retiran da

acuicultura intensiva, situada no mais alto da cadea trófica (depredadores), que

precisa alimentación artificial, antibióticos, vacinas, con alto impacto ambiental, etc.

Elaboración propia a partir de datos das lonxas

4.-

RECURSOS PARA AVANZAR NO COÑECEMENTO DAS MAREAS

VERMELLAS.

As mareas vermellas teñen cada vez unha maior incidencia nas nosas augas e

afectan a un maior número de especies de moluscos. As administracións deben pór a

disposición dos sectores produtivos os recursos necesarios que nos permitan coñecer

as súas causas e atopar solucións para atallalas. Ademais necesitamos maior

seguridade xurídica no control destas mareas (por exemplo, a interpretación dos

resultados analíticos debe ser uniforme en toda a UE por parte de todas as

administracións). Ademais as condicións do control oficial deben ser iguais para

todos os moluscos que acceden aos mercados europeos.

5.-

UNHA MAIOR DEFENSA DO SECTOR PESQUEIRO ARTESANAL.

A

pesca artesanal estase vendo especialmente prexudicada pola aplicación do

sistema de TAC´s e cotas, que se agrava coas capturas accidentais, que deben quedar

excluidas do sistema.

atmosfera por termino medio máis de 100 gr de CO

2 equivalentes.

Dende o ano 2005 ata o ano 2012 o número de buques pesqueiros con porto

base na comunidade autónoma de Galicia reduciuse un 14%, pasando de 5.391 no

ano 2005 a 4.631 no ano 2012. Esta redución centrouse nos buques do caladoiro

nacional, en particular nas artes menores, que en 2012 tiñan 632 buques inscritos

menos que en 2005

15. Prodúcese no estrato que absorbe a maior parte da poboación

empregada en buques pesqueiros, o 50,6 % en 2012 segundo Ocupesca

16. Isto resulta

preocupante porque se está desmantelando xustamente a pesca sostible ambiental,

económica e socialmente. Trátase da pesca máis selectiva e mellor adaptada ás

condicións do medio, pero tamén a que recebe menos axudas por parte da

administración da Xunta de Galicia e da UE.

No marco do artigo 17 da nova Política Pesqueira Común, o goberno español

debe facer públicos os criterios ambientais, sociais e económicos para o reparto das

cotas pesqueiras. No BOE onde se publican os TAC, non se explica como se

outorgaron nin baixo que criterios se distribuíron.

Entendemos que o reparto da cota debe facerse por Comunidades, co criterio

de garantir a actividade. Trátase dun recurso público para manter a flota.

6.- A DEFENSA DOS PRODUTOS GALEGOS, DA SÚA IDENTIFICACIÓN E

ETIQUETAXE.

A orixe galega dos produtos do mar é extensamente recoñecida como garantía

de calidade. Non resulta estraño pois que un dos seus produtos máis emblemáticos o

Mexillón de Galicia fose o primeiro produto do mar europeo en obter o

recoñecemento de Denominación de Orixe Protexida por parte da Comisión Europea.

A DOP permite ofrecer información veraz e clara sobre os produtos con

características especificas vinculadas á orixe xeográfica para que os consumidores

fagan as súas eleccións de compra con maior coñecemento de causa. Valor intrínseco

e apreciación do consumidor que contribúen a asegurar aos produtores uns ingresos

equitativos polas cualidades e características do produto e do seu método de

produción [considerando 18 Regulamento (UE) 1151/2012 de protección das DOPs].

Pero este equilibrio está sendo posto en risco constantemente no mercado dos

produtos do mexillón, con información falsa ou falaz na etiquetaxe. Situación que a

Comisión contemplaba no art. 42.2 da proposta de regulamento da Organización de

Mercados da Pesca -dentro da revisión da Política Común de Pesca- obrigando a

15 Análise do sector da pesca. IGE. 2015.

16 Xunta de Galicia. Consellería do medio rural e do mar. “Enquisa sobre a poboación ocupada nos sectores da pesca

e da acuicultura mariña en Galicia. Ocupesca”, Santiago de Compostela. 2015.

indicar a orixe e a especie dos produtos do mar transformados e en conserva. Pero o

Parlamento Europeo resolveu eliminar tal artigo.

O art. 38 do R(UE) 1151/2012 responsabiliza ás autoridades competentes de

supervisar o uso dos nomes protexidos no mercado adoptando as medidas oportunas

no caso que se detecten infraccións. Sen embargo, o cumprimento de tal obriga

elúdese reiteradamente.

O caso mais recente. A instancias do Consello Regulador do Mexillón de

Galicia contra unha conserveira polo uso de mencións como "de las Rías Gallegas",

"elaborado en Galicia", etc., o Tribunal da Audiencia Provincial ten ditado sentencia

condenando á empresa pola vulneración da normativa europea de protección das

DOPs e incorrer en competencia desleal.

A obriga do art. 38 citado, tivo que ser asumida polo Consello Regulador

acudindo aos tribunais para facer cumprir a Lei. Pero ademais, ante esta sentenza, a

Administración competente decide, e así informa publicamente, solicitar un informe a

un Comité Científico das DOPs da Comisión Europea, para que indique qué alcance

ten a DOP Mexillón de Galicia, cuestión sobre o que versa dita sentenza.

Por elo demandamos que o Parlamento Europeo inste á Comisión Europea a

establecer mecanismos e medidas para unha defensa enérxica das DOPs e contra a

vulneración da normativa que as protexe, e concretamente da DOP Mexillón de

Galicia.

E de xeito xeral demandamos a UE a que se inste ás autoridades competentes

para que persigan con máis intensidade e castiguen a fraude e a incorrecta etiquetaxe

dos produtos do mar, para protexer aos e aos produtores europeos de malas prácticas

comerciais que xeran competencia desleal e poñen en perigo a sustentabilidade dos

sectores produtivos do mar da UE.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +