Enviar por ; Correo electrónico

O BNG cuestiona a contratación dun patrón de lancha sen ter orzamento

Diario Marítimo ; 15 Abril 2016  ; 387 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

"O goberno do PSOE debería empezar a distinguir entre o que son necesidades urxentes da veciñanza, como a limpeza do colexio e outros espazos públicos, e o que non pasa dun luxo prescindíbel como é poder ir comer un día na embarcación municipal"

O BNG amósase sorprendido de que se fagan contratacións temporais de persoal antes de ter o orzamento para poder afrontalas.

Betanzos, 15 de abril de 2016. O BNG-Asembleas abertas criticou que o goberno local publique hoxe no BOP a convocatoria dunha praza de patrón de lancha para a Diana Cazadora. A intención do gobernó local é contratar de forma temporal o patrón até o mes de setembro.

“Non nos parece de recibo que tendo necesidades básicas sen cubrir, como a limpeza do colexio e outros espazos públicos, e mentres se nos pon como escusa que a lexislación do Estado non permite contratar persoal se fagan estas cousas", asegura o voceiro nacionalista, Henrique del Río. As nacionalistas recoñecen que é certo que as leis do PP impiden contratar moito persoal público, mais aseguran que "non é de sentido común ter unha única limpadora no aulario de educación infantil mentres se contrata un patrón de lancha". “Mentres o PSOE privatiza os servizos de limpeza ou xardinaría estraga cartos públicos en contratar un patrón de lancha”, engadiu.

"O goberno do PSOE debería empezar a distinguir entre o que son necesidades urxentes da veciñanza, como a limpeza do colexio e outros espazos públicos, e o que non pasa dun luxo prescindíbel como é poder ir comer un día na embarcación municipal", engade Del Río. "Se non hai para pan, non se poden comprar estampiñas", ironiza.

O nacionalista mostrou tamén a súa sorpresa porque se convoquen postos temporais sen previamente aprobar o orzamento, sobre todo cando esta praza en concreto nin sequera está recollida na RPT en vigor no Concello. “Non sabemos se o goberno local ten tal seguridade de ter os apoios suficientes para o orzamento que pretende malgastar cartos públicos nun patrón de lancha e xa o contrata antes sequera de ser aprobado no Pleno e de que a veciñanza poida presentar as súas alegacións”, criticou Del Río. "Esta é a súa idea da participación veciñal", ironiza.

“Segundo as bases da contratación que saen publicadas hoxe no BOP o custo deste contrato serían 1291 euros ao mes máis a parte proporcional das pagas extras" explica. "Se o contrato se formalizase en xuño e foran 3 meses sería un gasto de 4 mil euros que a verdade como están os servizos básicos do Concello consideramos que irían mellor investidos en moitas outras cousas”, engade o portavoz nacionalista.

Incumprimento das bases xerais de contratación

“A maiores, aínda enriba con este contrato estanse incumprindo as bases xerais de contratación que din que se constituirán unhas listas de agarda e se chamará desas listas para cubrir os postos temporais" relata. Este patrón de embarcación xa se contratou o ano pasado e este ano de novo se publican as mesmas bases e non se segue o procedemento das bases xerais. “Non sabemos para qué se aproban cousas no Pleno se despois non teñen ningún tipo de intención de cumprilas nin entendemos porque hai regulamentos, bases e ordenanzas que se teñen que cumprir e outros que son para ignorar como todo o relativo ao persoal municipal” conclúe.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +