Enviar por ; Correo electrónico

OS FISP DENUNCIAN QUE NON É SEGURO BAÑARSE NAS PISCINAS GALEGAS

Diario Marítimo ; 23 Mayo 2016  ; 281 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os recortes da Xunta e a falta de medios, para levar a cabo as inspeccións regulamentarias, poñen en perigo a saúde dos bañistas.


As piscinas de uso público da nosa comunidade autónoma están sometidas a control sanitario por parte polos Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública da Consellería de Sanidade (FISP), para asegurar que a auga de baño estea libre de organismos patóxenos e de sustancias que poidan supoñer un risco para a saúde.


Os criterios técnico-sanitarios que deben cumprir a auga dos vasos de piscinas e a súa frecuencia mínima de móstreo, veñen recollidos no Real Decreto 742/2013, de 27 de setembro. Os valores establecidos baséanse principalmente en motivos de saúde pública e nas recomendacións da Organización Mundial da Saúde. Ademais da calidade da auga, tamén a calidade do aire debe ser adecuada en piscinas cubertas, centros de hidromasaxe e piscinas terapéuticas, polo que tamén se fixan unha serie de parámetros básicos que definen unha correcta calidade do aire no interior destas instalacións.


Polo tanto, a vixilancia e control que realizan os FISP, é imprescindible para asegurar o cumprimento da normativa, garantindo a calidade do auga e do aire, e comprobando que as sustancias utilizadas no tratamento estean autorizadas.


Na actualidade existen aproximadamente 631 piscinas en Galicia, con 996 vasos, que os FISP deben controlar no período estival, con escasos recursos tanto humanos como materiais. Contan con equipos de medición insuficientes e obsoletos, incapaces de medir os valores no rango adecuado, inexactos e imprecisos. É especialmente grave o feito de que os Inspectores Farmacéuticos non dispoñan de equipos para medir a turbidez da auga ou do ozono, ou que só dispoñan dun único equipo de medición de CO2 en cada zona de inspección.


A estas graves carencias hai que sumarlle o feito de que a Consellería de Sanidade, non está realizando ningún tipo de análise do auga das piscinas desde o ano 2010, o que dá idea do abandono no que está sumida a sanidade ambiental. Ademais, as periodicidades destes controis foron diminuíndo, debido a que cada vez o número de inspectores é menor, de forma que na actualidade, das 100 prazas existentes, soamente están cubertas 62.

Así, mentres que en ano 2001 se facía unha inspección cada 15 días, e se recollía unha mostra para análise en cada inspección, na actualidade só se fai unha inspección en toda a tempada de verán e non se recolle ningunha mostra.


Pero o máis grave, é o feito de que os FISP non realizan inspeccións polas tardes ou durante os fins de semana, por carecer de quendas de garda, co que aquelas piscinas que unicamente abren ao público nese horario non son inspeccionadas correctamente, o que implica un grave risco para a saúde dos usuarios.


Todo isto, aseguran os Farmacéuticos Inspectores, vai en detrimento da seguridade e da saúde dos bañistas, así como da eficacia inspectora, que non é outra, que a protección da saúde, mediante a vixilancia da calidade do auga e do aire, evitando os posibles riscos físicos, químicos ou microbiolóxicos derivados do uso estas instalacións.


Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT xunto do colectivo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública denuncian que, mentres a Consellería de Sanidade segue sen querer buscar unha solución para mellorar a situación dos servizos de sanidade ambiental, a resposta a pregunta: é seguro bañarse nas piscinas de Galicia? Seguirá sendo: teña precaución, xa que Sanidade non o pode garantir!

Así diante da falta de resposta da consellería de sanidade, a sentarse a negociar, e a pesar das presións, coaccións e ameazas, a folga dos FISP, continuara os días 23, 24 e 25 de maio.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +