Enviar por ; Correo electrónico

Alfredo Bea: "É un reto para a Federación, pero tamén para Pontevedra"

Diario Marítimo ; 25 Junio 2016  ; 408 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O presidente da Federación Galega de Piragüismo acompañará á concelleira Anxos Riveiro o vindeiro luns na presentación dos Campionatos Europeos Master e Maratón. Bea suliña a importancia de achegar a competición ao centro da cidade e lembra que Pontevedra aspira a poder organizar os Campionatos do Mundo.

O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, confirmou a súa presencia xunto á concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, na presentación (luns, 12:00 horas, sala de prensa do Concello) dos Campionatos Europeos Master e Maratón, que terán lugar na cidade de Pontevedra dende o vindeiro martes día 28 e ata o domingo 3 de xullo.

O máximo dirixente do ente galego calificou o evento como un "reto para a Federación, pero tamén para Pontevedra, unha cidade que xa ten probado que está sobradamente preparada para acoller competicións de esta envergadura e que aspira -lembrou- a chegar a ser sede dos Campionatos do mundo".

Bea salientou a ubicación do circuito (na desembocadura do río Lérez) como un dos seus principais atractivos. "É fantástico que a actividade se desenvolva en plena cidade para que todo o mundo se poida achegar a coñecer de cerca e a gozar deste deporte", declarou.

O presidente da Federación Galega apuntou asimesmo que "para nós é fundamental potenciar, ademais da elite, a categoría master, o que popularmente se coñece como 'veteráns'. A súa aportación é un sustento crucial tanto para o presente deste deporte como para o futuro pola súa importante axuda aos deportistas que están comezando".

Síntomas de boa saúde

A pouco máis dun mes para o inicio dos Xogos Olímpicos de Río, Alfredo Bea considera que hai motivos abondo para que o piragüismo galego mire cara ao futuro con confianza: "Nos pasados Xogos (Londres 2012) tivemos dous piragüistas galegos: Teresa Portela e David Cal. Nos anteriores (Pekín 2008) foron tres: os dous anteriores máis Perucho. Nos de Río imos ter catro. Creo que con iso queda máis que contestada a dúbida sobre o relevo xeracional".

Nese senso, Bea sinalou que "se ben é certo que para os grandes medios estatais o piragüismo só ten certa repercusión en tempo de Xogos Olímpicos, en Galicia é todo o contrario. Hai tempo que se recoñece que somos unha potencia nesta modalidade e sentimos o respaldo tanto das administracións coma dos medios".

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +