Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

José Ramón Val lamenta o bloqueo do PP a unha proposta para que o Goberno central defenda na UE desgravacións fiscais e de custes laborais desta flota

O PP veta unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para cambiar o modelo de xestión do cerco

Santiago de Compostela, 08 de xullo de 16. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, lamentou o veto do PP a unha proposta socialista para solicitar bonificacións fiscais que beneficien á flota galega de grande altura. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei neste sentido que tivo lugar na Comisión de Pesca e que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista reclamou o apoio do goberno galego para unha flota que compite con “flotas de terceiros países nas mesmas zonas de pesca e no mesmo mercado globalizado e liberalizado, pero cuns custes de explotación moi superiores aos de calquera outra flota pesqueira mundial”.

Os buques galegos teñen que afrontar uns custes fiscais e laborais altos, custes pola aplicación da política pesqueira comunitaria, e custes derivados da aplicación da normativa comunitaria. Por iso considera “incomprensible” que o PP se opoña a que Bruxelas recupere as desgravacións fiscais e a redución de custes laborais para os buques comunitario que faenan fora das augas da UE.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (3 PNC cota da xarda 090047693.pdf)3 PNC cota da xarda 090047693.pdf 126 kB2016-07-08 12:47
Descargar este archivo (51306 PNC Axudas Pesca.pdf)51306 PNC Axudas Pesca.pdf 66 kB2016-07-08 12:47

Os socialistas galegos tamén reclamaban “que se inclúa non só aos buques que se dedican a capturar túnidos ou especies afíns, senón tamén aos que se dedican á captura de especies demersais”, as que son capturadas mediante o arrastre.

Sector de cerco

O PP tamén vetou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta un cambio de modelo no sector do cerco para acadar un aproveitamento xusto das posibilidades de pesca. Censurou a “inacción” do goberno galego “que so busca dividir e enfrontar ao sector, mantendo un modelo viciado”.

Sinalou que pese a tratarse dun dos temas “que tiveron maior repercusión en toda a lexislatura, a estratexia do PP segue sendo a de dividir e enfrontar ao sector e premiar os que non fan unha pesca sostible. O actual modelo esta viciado, tumbado en dúas ocasións pola Audiencia Nacional, afecta a milleiros de persoas que se atopan no paro dende hai moito tempo”. Ademais, afirmou, que o Señor Balseiro prefire falar dos procesos electorais que dos verdadeiros problemas da pesca”.

O deputado afirmou que os datos publicados no BOE en febreiro de este ano pola Secretaría Xeral de Pesca nas que se mostran as cotas de xarda para os buques do censo de cerco “amosan un panorama desolador para o sector, a redución do 15% das posibilidades de pesca desta especie hai que sumarlle a inacción do Goberno galego durante estes anos para acadar a unión do sector e a procura de formulas de xestión conxunta que posibilite un aproveitamento razoable por parte de todos os interesados, apoiando a parte minoritaria do sector”.

Acerga é a asociación maioritaria con 93 barcos, mentres as demais tan só suman catro ou cinco. Val afirma que “quero facer un recoñecemento expreso a esta asociación por buscar un cambio de modelo en liña coa demanda de todo o sector que quere unha xestión conxunta e por asumir as responsabilidades que deberían recaer no goberno galego para facilitar que todos poidan ter acceso ao recurso”.

O grupo parlamentario socialista insta o goberno galego a promover as accións precisas diante do Goberno do Estado para acadar un cambio de criterio de reparto de posibilidades de pesca das especies obxectivo da flota de cerco, así como, reunir ao sector do cerco para acadar fórmulas de suma e unión que faciliten un aproveitamento razoable e xusto das posibilidades de pesca por parte de todos os interesados.

No resto do Cantábrico se impón a xestión conxunta cunha única organización de produtores ou Federación de Confrarías que aglutina a todas as embarcacións, en Galicia ademais das embarcacións que decidiron xestión individual aparecen dez entidades asociativas para xestionar as cotas asignadas.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +