Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe xoves, 15 de setembro, a concesión de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores da provincia da Coruña para financiar as súas actividades durante o ano 2016.

O deputado responsable da área de Promoción Económica, José Luís García, destacou a importancia destas axudas para apoiar ás agrupacións de pescadores "un sector estratéxico e fundamental para a economía da nosa provincia como é o da pesca".

Un total de 26 confrarías da provincia da Coruña recibirán 409.162€ cos que sufragarán gastos de persoal e de funcionamento. As sumas outorgadas varían segundo os orzamentos presentados polas propias confrarías. Así, as confrarías de pescadores da Coruña e de Sada recibirán ao redor de 25.000 € cada unha, que destinarán a cubrir parte dos gastos de persoal, mentres que a confraría de Miño recibirá preto de 8.000€, que solicitou para a contratación dun administrativo.

Ferrolterra, Eume e Ortegal

En Ferrolterra, as axudas foron concedidas ás confrarías de Ferrol, con 18.000 €, Mugardos, con 12.000 €, e Santiago Apóstol, que recibiu a dotación máis alta da provincia: 28.972 € para financiar diversas actividades de oficina da confraría de Barallobre.

En Cariño, a Deputación subvencionará con 19.984 € parte dos gastos de persoal derivados la lonxa e das oficinas da confraría Nuestra Señora del Carmen, e en Pontedeume, a contratación dun gardapesca con 13.487 €.

Comarca de Barbanza

Na comarca do Barbanza, foron outorgados un total de 51.930 € entre as confrarías de Carreira e Aguiño (10.982 €), de Cabo Cruz (14.960 €), de Palmeira (7.987,50 €) e de Rianxo (18.000 €). Todas elas demandaron as axudas para gastos de persoal, e no caso da confraría de Cabo Cruz tamén se utilizará para a mellora da comercialización dos recursos pesqueiros e marisqueiros.

As confrarías San Andrés de Portosín (19.950 €), San Bartolomé de Noia (10.193 €) e San Telmo de Porto do Son (3.982 €) poderán mellorar o vixilancia para a conservación, protección e sustentabilidade das actividades pesqueiras grazas ás subvencións provinciais, que deixarán 34.125 € na comarca de Noia.

Na comarca veciña de Muros, outras tres confrarías desfrutarán da axuda económica : a de Muros (15.975 €), a do Pindo (18.970 €) e a de Lira (10.500 €). En total, a Deputación destinará 45.445 € á comarca muradá para a comercialización de recursos pesqueiros e marisqueiros, a defensa dos intereses profesionais dos afiliados, e gastos de persoal e funcionamento

Bergantiños e Costa da Morte

Tres confrarías bergantiñás recibirán a suma de 33.402 €. Trátase da Agrupación de Mariscadoras do Esteiro de Anllóns (7.496 €), e das confrarías de pescadores de Laxe (10.966 €) e de Malpica (14.940 €), que poderán sufragar gastos de persoal e axudas para a vixilancia.

Na comarca de Fisterra tamén foron tres as confrarías subvencionadas : Nuestra Señora de las Arenas de Fisterra (12.975 €), Corcubión (9.956 €) e Virgen de la Barca de Muxía (19.948 €). En Terra de Soneira, as subvencións irán ás confrarías de pescadores de Camariñas (19.978 €) e de Camelle (21.980 €). Todas elas utilizarán as axudas para sufragar gastos de persoal e de funcionamento.

65.000 euros para poxectos de modernización

A estes 409.162 euros hai que sumar os 65.051 € que a área de Promoción Económica da Deputación ven de aprobar o pasado 6 de setembro e que se destinarán a financiar investimentos de mellora e modernización das instalacións en seis confrarías coruñesas: O Barqueiro-Bares, Cedeira, Espasante (Ortigueira), Corme, A Pobra do Caramiñal e San Pedro-Ribeira, contribuíndo así a facelas máis competetivas.

A confraría de O Barqueiro recicbiu unha axuda de 3.096,83 euros para financiar a adquisición de semente de ameixa e redes de protección para os cultivos, Cedeira destinará unha subvención de 25.486 euros ao equipamento e mantemento dos sistemas de frío industrial da lonxa e Espasante recibirá 6.993,83 € para melloras do rendemento nas cámaras frigoríficas de do punto de descarga.

Tamén se benefician desta convocatoria a confraría de pescadores de A Pobra, que recibirá 5.748 € para a posta en marcha dunha pequena instalación de depuración de moluscos bivlavos en circuito pechado; Ribeira, que destinará 11.982,94 € a habilitar unha nova aula destinada a formación no 3º andar da sede da confraría e Corme, que recibirá 11.737,44 euros para financiar as obras de reparación do carro-varadoiro e á adquisición de material de oficina.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +