Enviar por ; Correo electrónico

ABANCA e ARVI renovan a súa colaboración e impulsan novas liñas de financiamento

Diario Marítimo ; 29 Septiembre 2016  ; 356 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

20160929 131700ABANCA e a Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) veñen de asinar un novo convenio que dá resposta ás necesidades máis perentorias do sector cunha oferta financeira vantaxosa e específica para o colectivo.

 

O presidente de ARVI, Francisco Javier Touza Touza, e o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez, rubricaron hoxe na cidade olívica un acordo que responde ás demandas recibidas pola entidade financeira desde o sector, e evidencia o compromiso de ABANCA coa pesca e co tecido produtivo galego. Como proba deste apoio estratéxico, o acto de sinatura contou tamén coa asistencia do director de Banca Mar de ABANCA, Javier Fraga Díaz.

O convenio permite aos armadores de Vigo afrontar os retos do sector, como a estacionalidade ou a falta de capturas. Para iso, a entidade financeira galega habilita desde este momento unha póliza de crédito específica con xuros moi baixos e sen comisións pensada para facer fronte á falta puntual de ingresos do colectivo.

Os armadores e as asociacións que se agrupan en ARVI tamén terán á súa disposición toda a oferta específica de ABANCA para o sector pesqueiro. Entre outros, inclúe préstamos persoais sen xuros ou comisións con amplos prazos de amortización para aprazaren o pago de impostos, liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais ou desconto comercial. Tamén optan ao Plan Activamos asinado coa Deputación de Pontevedra ou aos programas oficiais de crédito co Igape, ICO e a sociedade de garantía recíproca Sogarpo.

Este apoio da entidade financeira xa conta con precedentes noutras cooperativas, confrarías e organizacións pesqueiras e de mariscadores de Galicia. Nos últimos meses ABANCA reforzou o seu compromiso con este sector estratéxico para a economía das comarcas costeiras e para o conxunto da comunidade autónoma, a través de ofertas financeiras deseñadas

ad hoc para atender as súas necesidades particulares

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....