Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

xornadas do mar

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou hoxe a xornada "Bo uso e mal uso do mar: sustentabilidade en feminino", organizadas pola Facultade do Deporte da Universidade de Vigo, na que subliñou que o sector do mar en Galicia "fala con nome de muller" polo que é necesario "visibilizar o papel da muller neste sector".

Carmela Silva recordou que todo o sector primario en Galicia as mulleres teñen un papel principal pero que non recoñecido. Destacou o papel da muller no sector conserveiro, nas fábricas de conxelado, as redeiras ou as mariscadoras, sobre as que están centradas  a xornada, pero que sen embargo, apenas están representadas nos órganos de dirección.

A presidenta tamén destacou a preocupación que teñen as mariscadoras por ter unha rendibilidade económica do seu traballo pero tamén de garantir a sustentabilidade do medio mariño como fonte de riqueza e de futuro. Precisamente , Silva considerou que a sustentabilidade debe estar no discurso e na axenda política.

A presidenta estivo acompañada na presentación da xornada pola súa organizadora María M. Álvarez Lires. Profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais. Universidade de Vigo,  por  Francisco Díaz-Fierros, Vicepresidente do Consello da Cultura Galega  e polo vicerreitor do campus de Pontevedra Juan Manuel Corbacho.

Por último, Carmela Silva mostrouse moi satisfeita pola asistencia as xornadas e agradeceu á Facultade este tipo de encontros xa que a Universidade, que é onde reside o coñecemento, ten que ser un transmisor a sociedade deste mesmo coñecemento. 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +