Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe o novo veto do PP a unha proposta socialista para “implantar un plan de rexeneración das rías galegas” para esta lexislatura co obxectivo de reducir os niveis de contaminación. Os socialistas galegos presentaron unha proposición non de Lei que foi rexeitada polo PP na Comisión de Pesca celebrada hoxe.

O responsable socialista sinalou que “o PP demostra cos seus votos e cos seus vetos que o Goberno galego promete moi ven pero cumpre moi mal”, logo de lembrar os reiterados anuncios de actuacións que deixan esquecidas nos caixóns.

Puxo como exemplo o compromiso acadado en 2013 de investir 11 millóns pra o saneamento da ría de Arousa, e diante da evidencia de que non fixeran nada, “decidiron subir a aposta e aprobaron no Pleno, no pasado mes de decembro, 23 millóns de euros para os próximos catro anos”.

Esta “escalada de propostas” non pode agochar, dixo, que “hoxe fai catro anos daquela visita dun equipo de comisionados da UE ás rías galegas que puxeron en evidencia o lamentable estado das rías e alertando de sancións polo neglixente tratamento dos vertidos ás rías”.

Unha sombra que aínda non se despexou, dixo, como demostra que a Comisión Europea teña pedido de novo unha sanción a España pola falla de tratamento de residuos urbanos, na que se atopan casos galegos como o de Ribeira, polo que os socialistas xa preguntaron no último Pleno.

Lamentou que o PP vetara hoxe esta iniciativa que incluía a realización dun informe anual específico sobre os niveis de contaminación das rías galegas, e “iniciar os procesos de negociación necesarios coa UE para destacar de maneira especial as zonas de cultivo e extracción de bivalvos”. Propón acadar un “tratamento distinguido que redunde na mellora das condicións e da protección do sector”.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +