Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Emprazamento xeográfico das avaliacións do ecosistema mariño e costeiro

Os servizos ecosistémicos culturais reflicten as interaccións físicas e cognitivas das persoas coa natureza, desempeñando un papel cada vez máis relevante na procura de beneficios non materiais ás comunidades costeiras.

Mentres os servizos e beneficios dos océanos proporcionan unha fonte de alimento para o consumo humano fundamental que vén sendo estudada desde hai décadas pola comunidade científica, o papel dos servizos culturais mariños e costeiros (SEC) permaneceu, ata agora, escasamente analizado.
Perante esta eiva científica, os membros do Grupo de Investigación AEMI e do Working Group of Resilience and Marine Ecosystem Services, o estudante de doutoramento da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC e investigador do Campus do Mar Joao García-Rodrigues e o profesor da USC Sebastian Villasante, estudaron o estado do coñecemento dos SEC para identificar os baleiros e exploraron as prioridades de investigación e da axenda dos gobernos. O traballo científico, no que interveu un grupo multidisciplinar de especialistas en servizos ecosistémicos de diversos países (Alemaña, Arxentina, Canadá, Noruega e USA, entre outros) foi publicado recentemente na revisa de acceso aberto Open Ecosystem.
Os resultados da investigación indican que o estado de coñecemento dos SEC é escaso comparado con outros tipos de servizos ecosistémicos, e as poucas investigacións sobre a cuestión localízanse sobre todo en Europa e o Norte América. “Este sesgo pode infravalorar as interaccións socio-ecolóxicas existentes noutras latitudes que estean a desenvolver mecanismos de salvagarda das prácticas culturais e a xestión do medio mariño-costeiro”, advirten os investigadores.
Ademais, os investigadores constataron que a meirande parte dos estudos sobre SEC carecen de avaliacións cuantitativas e cualitativas, “de aí a necesidade de desenvolver métodoloxías e indicadores cos que poder valorar a súa importancia para a sociedade”. Outros baleiros refírense á ausencia de avaliacións integradas, o vínculo dos SEC co benestar das persoas nas zonas costeiras, o papel do mar aberto e as augas profundas na provisión do SEC ou o rol do capital non natural na co produción de SEC.
“Abordar de forma satisfactoria eses baleiros permitirá coñecer con maior precisión as interaccións entre os seres humanos e os ecosistemas mariños, coa perspectiva de que os SEC sexan incluídos no deseño das políticas públicas dos gobernos”, conclúen.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +