Enviar por ; Correo electrónico

A Confraría deberá presentar un Plan de Autoprotección para a Festa da Ameixa

Diario Marítimo ; 09 Julio 2017  ; 136 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Os organizadores da Festa da Ameixa do Carril, Confraría e Agrupación de Parquistas, deberán presentar un plan de autoprotección, que inclúa seguridade e atención de emerxencias, se queren que O Concello asine a solicitude de autorización de uso do solo a Portos de Galicia. Así o anunciaron o alcalde, Alberto Varela, e a portavoz do goberno, Tania García, que insistiron en que a coincidencia de eventos en futuros anos non se pode volver a repetir.
07.07.2017.- “Os medios municipais non son ilimitados e son agora os mesmos que no pasado mes de xaneiro”, indicou o alcalde. Así que ante a “cerrazón” do presidente da Confraría e dos Parquistas, José Luis Villanueva, de manter as datas do 19 e 20 de agosto, o concello fará o esforzo de cumprir estritamente co que marca a lei –as competencias de regulación de tráfico, por exemplo, non son delegables- pero iso implicará que os organizadores teñan que chegar a onde non poida facelo o concello cos seus propios medios, é dicir, contratando seguridade privada e medios de emerxencia, é dicir, tal e como sucede noutros eventos ou festivais. Igualmente, confraría e parquistas deberán asumir a limpeza do recinto unha vez acabada a festa.

Todas estas medidas deberán ser concretadas nun plan de autoprotección que deberá ser elaborado e asinado por un técnico competente e avalado, en todo caso, polos servizos de policía local e de emerxencias do propio concello. “Nada disto sería necesario se os organizadores houberan mudado de datas, como lle vimos dicindo dende xaneiro.
O que presentaron entonces é o mesmo que coñecemos ata agora, una proposta xenérica sen concretar nada. E seguimos sen entender moi ben que aporta unha verbena na praia un domingo pola noite a unha festa gastronómica; verbena da que, por certo, seguimos sen saber se teñen permiso de Costas” , dixo Alberto Varela.

En calquera caso, o alcalde xa anunciou que esta situación no se pode volver a repetir nun futuro. “Se non chegamos a un acordo, isto vai volver a suceder en vindeiros anos”. Neste sentido, a portavoz do goberno rebelou que foi o anterior goberno, do Partido Popular, quen chegou a un acordo con Revenidas para levar este festival ao mes de agosto, “ante a falta de propostas do PP para as propias festas patronais”, dixo Tania García.

A portavoz tamén lembrou que en 2010, cando o PP promoveu a declaración da Ameixa como de interese turístico de Galicia o seu portavoz, Tomás Fole, defendía independizala de San Roque para que non se solapasen os actos e para desestacionalizar a oferta lúdica e turística. “Para unha vez que estamos de acordo...”, lamentou o alcalde.

O goberno local convocou á confraría para o vindeiro martes, 11, a fin de analizar as condicións da autorización.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +