Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Preto dunha vintena de mulleres participarán na cuarta edición do Festival Internacional achegando as súas experiencias e traxectorias profesionais co mar

 

 

 

A Coruña, 11 de agosto de 2017. "A mar é muller" é o eixo da cuarta edición do Festival Internacional Mar de Mares e o seu programa fará un especial fincapé en transmitir, dar a coñecer e recoller os testemuños de decenas de mulleres que explicarán o seu traballo e experiencias nun mundo tradicionalmente masculino.

 

 

 

En total preto dunha vintena de mulleres achegarán as súas historias e vida en torno ao mar, como desenvolveron a súa profesión nalgúns sectores tradicionalmente masculinos como a pesca, a alta cociña, a investigación ou a fotografía. Haberá mesas redondas, encontros ou storytellings nos que as mulleres serán as únicas protagonistas.

 

 

 

Entre elas atoparase a fotógrafa e bióloga mexicana e referente mundial do activismo ambiental Cristina Mittermeier, quen, durante dous meses e por primeira vez en España, expoñerá o seu traballo fotográfico sobre diversas comunidades pesqueiras de distintas partes do mundo na sala de exposicións Palexco. Ademais, ofrecerá un storytelling no que relatará a súa experiencia convivindo con diversos pobos indíxenas para estudar a relación que estes teñen coa auga e a terra.

 

 

 

Fareiras, pescadeiras do Gran Sol, percebeiras, marisqueiras Todos estes sectores estarán representados por mulleres. Entre elas atoparanse Cristina Fernández, unha das poucas mulleres fareras de España, quen falará dos seus 43 anos salvando vidas na Costa de Morte. Xunto a ela participará nesta edición de Mar de Mares Rita Míguez, presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, un colectivo que quere dar voz e promover o labor das máis de 6.000 traballadoras deste sector en España.

 

 

 

E relacionando mar, muller e ciencia, non podía faltar a bióloga estadounidense Sylvia Earle, a primeira muller directora da Administración Oceánica e Atmosférica Nacional de EEUU, nomeada pola revista Time primeiro Heroe do Planeta. Coa proxección do seu último documental, Mar de esperanza. Os tesouros escondidos de América, producido por National Geographic, desde Mar de Mares quérese render unha pequena homenaxe a unha gran figura que cumpridos xa oitenta anos segue batallando por salvar os océanos do noso planeta.

 

 

 

A gastronomía, a música e mesmo as casetas que conformarán o Mercado do Mar tamén terán a mulleres como protagonistas. En Galicia algunhas das empresas que mellor aúnan sustentabilidade, mar e produto están encabezadas por mulleres como Mariscos do Ortegal ou Conservas Artesás Currican, entre outras. Mesmo haberá un encontro de mulleres de mar e letras que contará coa participación de Ledicia Costas, Teresa Ramiro e María Lado.

 

 

 

A muller e o mar na cuarta edición do Festival Mar de Mares, que precisamente está dirixido por dúas mulleres, Merce Carballo e Silvia Oviaño. A mar é nome feminino e Mar de Mares quere poñer en valor e destacar o traballo anónimo de tantas mulleres vinculadas á mar.

 

 

 

Sobre Festival Mar de Mares

 

O Festival Mar de Mares é un encontro internacional multidisciplinar en torno ao mar que no 2017 celebrará a súa cuarta edición. Entre os días 19 e 24 de setembro e ata o 19 de novembro, día que permanecerán abertas as súas exposicións, se darán cita na Coruña destacadas personalidades do arte, a ciencia, a educación ou a conservación do mar.

 

 

 

Ano tras ano A Coruña é inundada co seu programa de actividades no que o mar e a súa importancia nas nosas vidas son os temas sobre os que desenvólvense as máis de 20 propostas para todos os públicos en favor da defensa dos océanos.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +