Enviar por ; Correo electrónico

Voluntariado de ADEGA participará na eliminación de invasoras no río Limia

Diario Marítimo ; 15 Septiembre 2017  ; 172 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

ADEGA organiza unha nova actividade de voluntariado ambiental para eliminación de invasoras este sábado 16 de setembro. A xornada realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico como é o río Limia e a contorna da Lagoa de Antela que forman parte do ZEC Baixa Limia. Esta actividade enmarcase dentro do convenio que ADEGA asinou coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural para desenvolver un “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats”.

 

 

 

A actividade do 16 de setembro estará centrada na eliminación e control da Ludwigia grandiflora, especie acuática que está colonizando o cauce do Limia. Esta actuación continúa os traballos, desenvolvidos pola delegación de conservación de Ourense en 2014 e polo voluntariado de ADEGA en 2015 e 2016, sobre esta mesma planta.

 

 

Para esta actividade o voluntariado contará con seguro de responsabilidade civil e de accidentes. A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado e logo pequena introdución a problemática ambiental das invasoras, comezarán os traballos de campo. O voluntariado contará coa ferramenta apropiada. Haberá un descanso para a comida (gratuíta para os participantes) e unha segunda sesión de traballo durante a tarde. O voluntariado poderá coñecer este magnífico espazo natural e axudar á súa conservación.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....