Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O XX Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) congregará os días 10 e 11 de outubro na Illa da Toxa o colectivo investigador, empresarial, administracións e estudantes vinculados ao ámbito pesqueiro e acuícola para reflexionar sobre os recursos mariños e a acuicultura.


Entre os retos aos que se enfronta a acuicultura no seu crecemento e expansión están a sanidade e o benestar animal, a alimentación e a excesiva burocracia e falta de localizacións. Dos avances na formulación de alimentación e de como unha empresa de pensos sustentable pode axudar a vender peixe de acuicultura falará durante a conferencia inaugural Alberto  Ruiz Moreno, responsable de HSQE e Sustentabilidade de Nutreco.  

Tamén se abordará no encontro a nutrición de larvas de moluscos bivalvos en criadeiro, as novas saídas profesionais en acuicultura, a xestión das verteduras nas empresas dedicadas a esta actividade en Galicia así como a repoboación do lumbrigante.

Contarase ademais, na primeira das conferencias maxistrais, coa participación de Juanjo da Porca e López-Baspino, director corporativo de I+D, Calidade e Sustentabilidade do Grupo Novo Pescanova, que explicará as características do novo centro de I+D+i de tecnoloxías de cultivos acuícolas ‘Pescanova BioMarine Center’ anunciado no mes de outubro pasado e que estará situado, precisamente, no Grove. A outra conferencia maxistral correrá a cargo de Alfonso Maeda Martínez, de Unidade Nayarit CIBNOR mexicana, que levará por título ‘Ostricultura comunitaria sustentable: O cultivo de Ostión de Pracer en México?’.

Entre os principais retos aos que se enfronta a acuicultura áchase o da sanidade e o benestar animal, un tema ao que se dedicará unha mesa e na que participarán representantes da Xunta de Galicia e do  Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), así como expertos das universidades Complutense e  Politécnica de Madrid.

Acuicultura ecolóxica
A acuicultura ecolóxica é unha actividade de desenvolvemento crecente que, a día de hoxe, está a cobrar máis relevancia grazas á súa capacidade de dar resposta a un determinado tipo de consumidor preocupado pola seguridade, a salubridade dos produtos, a trazabilidade, que busca a certificación e cunha preocupación crecente en canto a que o consome teña o mínimo impacto sobre o medio ambiente.

Dúas serán as mesas que se dedicarán á acuicultura ecolóxica o mércores 11 co obxectivo de analizar as vantaxes e beneficios deste tipo de produción ou os retos que expón do establecemento dunha unidade de produción orgánica. Diso encargaranse representantes de dous das empresas referentes en produción ecolóxica en España: Naturix e Andrómeda Ibérica. O mexillón ecolóxico tamén terá o seu espazo, neste caso da man da Asociación de Mexilloeiros San Amaro, Mariscos Linamar. Conservas Mar de Ardora será outra das empresas participantes.

Marisqueo e pesca de baixura
Tamén se falará das pesqueiras artesanais en zonas estuáricas, ou da experiencias de pesca artesanal en Chile. Javier Quinteiro, do Laboratorio de Sistemática Molecular do Departamento de Bioquímica da Universidade de Santiago de Compostela expoñerá na mesa de traballo ‘Marisqueo e pesca de baixura’ os desenvolvementos e resultados alcanzados ata o momento no marco do proxecto Valober. GAL, que ten por obxectivo xeral dotar ao berberecho da costa galega (Cerastoderma edule) dunha identidade propia e diferenciada no mercado mediante un marcadores de identidade da súa orixe xeográfica; isto é, a procura dunha  proba analítica que permita diferenciar xeograficamente o C. edule  e que podería ser susceptible de ser utilizada para a implementación dunha posible futura DOP para o berberecho galego. Nesta mesma mesa, e da man dun representante da confraría de Carril, falarase sobre a xestión dos parques de cultivo de moluscos.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +