Enviar por ; Correo electrónico

Rajoy, señor dos “hilillos”, incumpriu con Galiza todas as súas promesas en materia de seguranza marítima

Diario Marítimo ; 15 Noviembre 2017  ; 73 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ana Pontón e Montse Prado Ana Pontón e Montse Prado

Propón nomear o 1 de decembro Día da dignidade de Galiza en recoñecemento da loita dun pobo contra o chapapote e do espírito Nunca Máis

Denuncia conexións entre a privatización de helicópteros de salvamento e da adxudicación irregular de helicópteros da loita contra os lumes

 

Tres lustros despois do Prestige Galiza está en peor condicións para afrontar  unha catástrofe similar porque, lonxe de adoptar as medidas prometidas e necesarias, camiñouse cara unha privatización do servizo de salvamento e loita contra a contaminación mariña que deixan á costa galega nunha situación de total indefensión.

Así o considera a portavoz nacional, Ana Pontón, quen critica a vixencia das mentiras que fai quince anos se sumaron á loita do pobo galego contra o chapapote: “Non podemos esquecer que a voz do goberno da mentira era naquel momento o señor Mariano Rajoy, quen nos dicía que non había marea negra e que simplemente estábamos ante os hilillos de plastilina. Os hilillos de platilina de onte vemos que son as mentiras de hoxe e non podemos esquecer o dano e a desprotección que causaron os gobernos do PP ao noso país”, salientou Pontón.

De tal xeito que “ningunha das promesas do PP se fixo realidade, unha mostra máis do trato e da consideración que ten Galiza para o PP”, denunciou a dirixente do Bloque.

Por contra, tanto desde Madrid como desde a Xunta levouse a cabo unha privatización progresiva do servizo de salvamento e de loita contra a contaminación mariña, “porque o PP aposta por facer negocio coa seguridade da nosa costa e da xente do mar”, criticou Pontón, quen advertiu das conexións entre a privatización dos helicópteros de salvamento coas irregularidades dos helicópteros de loita contra os lumes.

Así, o Bloque denuncia a venda en 2012 por parte de Feijóo de dous helicópteros de salvamento pola metade dos 27M€ que custaron en 2005, precisamente á mesma empresa, -INAER-, beneficiaria da suposta adxudicación irregular dos helicópteros de extinción. “Vemos como o escuro negocio da loita contra os lumes e do salvamento marítimo ten conexión, polo  que o BNG vai pedir os expedientes e unha explicación no Parlamento”, avanzou Pontón.

O único positivo do que foi a maior catástrofe ambiental do século XXI en Galiza foi a reacción de coraxe, autoorganización e dignidade do pobo galego loitando contra o chapapote do Prestige “e contra o chapapote das mentiras, da neglixencia e da incompetencia dos gobernos do PP no Estado e na Xunta”. Para honrar esa loita, o BNG vai levar á Cámara a proposta de designar o 1 de decembro Día da dignidade nacional de Galiza “en recoñecemento a todos os galegos e a todas as galegas que deron esa loita e que berraron nunca máis fronte a incompetencia do Goberno, e porque é unha débeda con ese espírito colectivo que puxo Galiza no mundo e que nos devolveu a dignidade”, alegou Pontón.

O Bloque tamén presenta unha batería de iniciativas parlamentarias para protexer a costa galega, pola que transitan a diario un centenar de embarcacións das que o 33% transportan mercadorías perigosas, medida que enumerou a portavoz parlamentaria de Pesca, Montse Prado, empezando pola “transferencia á Xunta das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación, porque o mar galego non pode estar xestionado desde Madrid”.

Plan de continxencia

En segundo lugar, reverter a privatización da xestión do servizo de gardacostas, “para que estea ao servizo da nosa costa e da xente do mar e non para que fagan negocio as empresas privadas”, recalcou Prado. Igualmente, o Bloque propón elaborar un Plan de continxencia de loita contra a contaminación, recuperar o proxecto de investigación das mareas negras, recuperar o seguimento da saúde das persoas que participaron en primeira liña na limpeza do chapapote e facer un seguimento do estado no que se atopan as zonas afectadas pola marea negra.

Hai que desandar o camiño da propaganda, dos incumprimentos e da privatización percorrido polos gobernos do PP, porque Galiza segue a ter a taxa de sinistralidade máis alta de Europa

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +