Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O alcalde, Alberto Varela, e o patrón maior do Carril, José Luís Villanueva, manterán o vindeiro luns, 3 de xullo, ás 13,00 horas, unha reunión na Alcaldía para tratar de achegar posturas arredor da organización da Festa da Ameixa. Como se sabe, a confraría mantén a súa idea de celebrala os días 19 e 20 de agosto, algo que o goberno local xa vén rexeitando dende o mes de xaneiro, ao coincidir con outros actos moi relevantes das festas patronais, o que deriva en problemas de seguridade –así avalado polos informes da Policía Local e Emerxencias- e de intendencia (obras, electricidade, limpeza).
30.06.2017.- O executivo local mantén que as mellores datas serían as dos días 14 (luns, concurso de pratos) e martes 15 (degustación popular, festivo nacional), de xeito que a Festa tería todo o protagonismo que merece e os servizos municipais poderían atender a todas as demandas, incluída a de seguridade. Neste sentido, hai que lembrar que nos últimos tres anos, a Festa da Ameixa celebrouse os días 15/17 de agosto (2014), 14 e 15 (2015; o día grande en sábado, para evitar o domingo 16, festa da Auga), e 13 e 14 (2016).
Por outra banda, o mesmo luns, pero pola tarde (17:30 horas), o alcalde manterá unha xuntanza en Santiago co conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, con dous asuntos principais na axenda: por unha banda, as reivindicacións da comunidade escolar de Vilagarcía en canto a profesorado e mantemento dos edificios e, pola outra, as posibilidades de colaboración na construción dun centro de interpretación da Illa de Cortegada, tendo en conta non só a súa condición de Parque Nacional senón a súa candidatura a ser declarada Patrimonio da Humanidade, dentro do conxunto do P.N. Illas Atlánticas de Galicia. A entrevista sobre ambas cuestións foi pactada por Varela e Rodríguez na súa recente visita a Cortegada e confirmada hoxe.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +