Información
Enviar por ; Correo electrónico

O Parlamento aproba a proposta do BNG de esixir á Xunta e concretamente a Rosa Quintana que faga o traballo para o que esta na Consellería e busque medidas de apoio para a frota da sardiña

Información
Diario Marítimo ; 09 Febrero 2016 ; 1182 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Parlamento galego aprobou co apoio de todos os grupos a proposta presentada polo BNG para esixirlle a Xunta medidas para enfrontar a falta de capturas da sardiña, que inclúe como punto central garantir o pago das axudas durante os paros biolóxicos desta especie, cuxo reparto de cota na costa peninsular está compartido con Portugal, coa excepción da Zona 8 que explotan basicamente as frotas cántabra e vasca sen limitación de capturas.

O portavoz nacionalista de Pesca, Daniel Rodas, autor da iniciativa parlamentaria, salientou que a frota galega aínda non percibiu axuda algunha pola parada biolóxica de 2014, mentres que Portugal xa obtivo 2,7 millóns de euros en axudas para os armadores e tripulantes lusos en 2015.

A actual regra de xestión foi aprobada de costas ao acordo do Consello Galego de Pesca que demandaba 4 días de pesca á semana, xestión das tres zonas de pesca, 2.000 quilos de captura diarios ou vedas temporais de ata cinco meses. Medidas que non se tiveron en conta polo Goberno central.

Descarga de sardiña no Porto da Coruña. Foto Oscar Paris, La Voz.“A situación é dramática pola caída en picado das capturas”, advirte Rodas, poñendo sobre a mesa os datos de pesca desta especie, que pasaron das 55.000 toneladas no 2012 ás 15.000 toneladas de 2015.  “A isto hai que sumar a proposta de reducir nun 25% o tope de capturas para este ano”.

O BNG tamén chama a atención sobre o reparto de cota de pesca que, de novo, prexudica á frota galega. En cifras globais, explicou Rodas na Comisión de Pesca, Portugal consumiu o 53% dese TAC de 15.000, e o  47% restante foi para o conxunto do Estado español, pese a que a frota lusa suma un cento de barcos e a española 330 unidades.

Aínda máis, entrando no detalle do tramo de cota española para esta pesquería, “o 40% da capturas son no Golfo de Cádiz, -onde operan 86 barcos-, e o 60% no cantábrico noroeste, onde pescan 154 embarcacións galegas, case o dobre cunha porcentaxe de capturas case idéntico”.

A este reparto tan desigual se suma a exclusión da cota global de pesca de sardiña para España-Portugal da Zona 8 do noroeste, onde opera case en exclusiva a frota cántabra e vasca, “que ten incrementado de xeito exponencial as capturas de sardiña nos últimos anos para compensar a caída de outras especies como o bonito do norte”, indica Rodas.

Neste contexto, a iniciativa do BNG amais do pago das axudas por paro biolóxico, “para que os tripulantes teñan algo que levarse á boca neses meses”, demanda da Xunta revisar o acordo de reparto de cota da pesquería da sardiña con Portugal, “prorrogado neste momento nos termos de 2015”, poñer en valor as medidas de regulación que defende a frota galega desde 1997 como os topes diarios, menos días de actividade para un maior descanso semanal e a creación de emprego entre outras.

“É preciso un maior compromiso da Xunta, escoitar ao sector e poñer medidas concretas encima da mesa ante a escaseza do recurso para acabar con este desamparo da frota”, concluíu Rodas.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....