Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
Categoría: Portada

O CAOS DA POLÍTICA PESQUEIRA GALEGA

Información
Portada 27 Mayo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Hai xa varios anos que Asoar-armega ven denunciando á grave situación que está a sufrir a flota artesanal galega por mor dunha mala xestión e distribución nas cotas de pesca.

É lamentable que, despois das denuncias e os chamamentos interpostos dende esta Entidade, a administración pesqueira galega siga facendo oídos xordos, mirando cara outro lado ou votando balóns fora cando a flota galega sofre continuos peches por mor desta mala xestión e distribución.

Especialmente sangrante é o caso da xarda, e a súa distribución por provincias no caso das artes menores,  unha asignación na que a flota  galega percibe un 17,5 % (aproximadamente) mentres unha única provincia, como Viscaia percibe un 29,71%, Guipúzcoa un 12,34%, ou Cantabria un 25,75%, un agravio que si en porcentaxes é notorio, máis notorio se fai se temos en conta o número de embarcacións e o número de tripulantes afectados, sendo as provincias galegas as que superan, notablemente, a todas as demáis en conxunto, segue a ser, senembargo, as que lle corresponde un reparto menor . Con estas cifras non é de extrañar que no que levamos de ano a pesquería da xarda se teña pechado en varias ocasións para as embarcacións galegas por mor desta discriminación, sendo posiblemente xa este o último peche decretado o pasado luns 24 de maio.

Así, e a partir de agora, mentres o resto de flotas de artes menores do Cantábrico pode seguir pescando xardas, a flota galega ten que devolvela ao mar, xa morta, cando ven mallada no aparello. Cabe suliñar, ademáis, que nestas datas flota vasca tense achegado a costa galega na procura da xarda, unha especie migratoria que  nas últimas semanas abunda nestas augas. Así, e como tamén fan as embarcacións galegas que se trasladan ao inicio da campaña a zonas do Cantábrico na procura da especie por abundar nesas augas, as embarcacións do Cantábrico estanse trasladando a augas galegas estas últimas semanas na procura da especie, con unha palpable diferencia: que solo as embarcacións do cantábrico son as que manteñen a cota sen esgotar e as que poden seguir pescando xarda, mentres as embarcacións galegas, teñen que tirala ao mar. Así ós galegos quédanos cara de pampos cando as embarcacións doutras comunidades pasan polo noso costado coa xarda a bordo, mentres nós xa tivemos que tirala ao mar por térennos pechado a pesquería.

Dende esta Entidade non temos nada contra os compañeiros doutras comunidades, e nada máis lonxe da nosa intención a de culpabilizalos ou sinalalos como responsables deste caos.

Existen outros culpables, que non son outros que aqueles que tendo que velar e defender os intereses dos pescadores galegos, fan caso omiso dos requerimentos e peticións desta flota. Así sentímonos totalmente desprotexidos, sós, e desamparados á hora de loitar por unha distribución e xestión de cotas xusta e razoable, preguntándonos onde están os dirixentes da nosa comunidade cando hai que defender e loitar polos nosos intereses.

Resulta indudable que o goberno, ademáis, non atende ás recomendacións da nova PPC que dictamina que os repartos das cotas nos estados membros deben atender, entre outros criterios, á dependencia socioeconómica das zonas costeiras da flota pesqueira, un criterio que no caso das pesquerías artesanais galegas está máis que xustificado.

Así pois encontrámonos, novamente, ante unha situación caótica e desconcertante para a flota artesanal galega, que ve como os seus compañeiros doutras comunidades poden desempeñar o seu traballo sen problema de que se lle esgote a cota, mentres o galegos esperamos por un reparto xusto, un ano sí e outro tamén.

José Luis Rodríguez – Presidente de ASOAR-ARMEGA