O CONCELLO DE NIGRÁN RETIRA MILES DE BOTELLAS DE PLÁSTICO APARECIDAS NAS SÚAS PRAIAS DURANTE O TEMPORAL

Información
Portada 17 Febrero 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

2nigraretiramilesdebotellasdeplasticosdasplayasO Concello de Nigrán concluirá hoxe a limpeza manual e urxente dos seus areais tras aparecer durante a fin de semana miles de botellas de plástico e lixo que serán sometidos ao correspontente tratamento de xestión de residuos.

O forte temporal provocou unha chegada masiva deste tipo de lixo a tódalas praias do municipio, polo que dende o luns os operarios comezaron a traballar en Prado para seguir por Area Fofa, A Madorra, Panxón e Praia América,.


 A limpeza dos areais estase a realizar de xeito manual, sen ningún tipo de medio mecánico, e sen retirar as algas, dado que ambos aspectos son os máis axeitados para evitar a erosión do litoral.
 "Cando hai temporais chega máis lixo as praias, pero nesta ocasión resulta sorprendente. En canto finalizaron as mareas vivas e as alertas comezamos a limpar urxentemente", sinala o alcalde, Juan González.