O BNG seguirá dando a batalla “política, cívica e legal” para sacar a ENCE da Ría

Información
Portada 09 Junio 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

IMG-20170603-WA0001Tilda de “cacicada do século” de Rajoy e Feijóo o cambio da lei para perpetuar a continuidade da pasteira en Pontevedra.

Tomás Fajardo Presidente de la Federación Gallega de Pescadores y Basilio Otero PM de Burela Lugo, exmilitante del BNG ahora afin a Rosa Quintana, rechazaron defender en esta manifestación los intereses de los mariscadores de la ría.

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou xunto co alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, a representación do BNG no que denominou como “marcha da dignidade” contra a “cacicada do século” do Goberno de Rajoy “coa complicidade de Feijóo”, que modificaron a lei para perpetuar a continuidade de ENCE na Ría de Pontevedra.

 

Esa decisión, dixo, só pode ser cualificada de “cacicada e traizón” á cidade de Pontevedra e a Galiza, “é demostra que o PP non só ten corrupción en B senón tamén en A, como neste caso no que se cambian as leis á medida dos intereses de empresas claramente vinculada con ex altos cargos do PP como este caso”.

O BNG vai seguir traballando “dando a batalla política, legal e cívica” para que ENCE deixe de contaminar a Ría de Pontevedra e, “máis pronto que tarde, coa forza de toda a xente que hoxe está na rúa, estamos convencidos de que imos recuperar a ría e poñela a producir”. Pontón salientou que esa “recuperación” vai permitir “culminar o proceso de cambio e transformación” da cidade de Pontevedra iniciada co BNG fai 17 anos.

Pontón destacou que a contaminación de ENCE vai máis aló da Ría e ten unha afectación no conxunto do país por ser esta empresa impulsora da eucaliptización do territorio. “Condiciona a política forestal galega promovendo o eucalipto dun xeito descontrolado, o que pon en risco o equilibrio ambiental e impide que se poda facer un aproveitamento multifuncional do monte, que crearía máis riqueza e que ten máis futuro.

IMG-20170603-WA0005Neste sentido, a portavoz nacional, considera que a mobilización ten dúas caras. Por un lado, sacar a pasteira fora da ría, -“porque unha empresa contaminante non pode condicionar o desenvolvemento de toda unha comarca”- e, por outro, a mobilización tamén reclama un cambio na política forestal da Xunta que non pivote só arredor do eucalipto.

Por outro lado, o BNG tamén denuncia que ELNOSA incumpre a normativa da UE para o uso de mercurio ante a inacción política do Goberno central e da Xunta, é máis, a formación nacionalista xa advertiu que se pode estar preparando unha modificación legal para permanencia de esta factoría en Lourizán como xa pasou coa pasteira.