A PORTAVOZ DE PESCA DO PSOE LOLI TOJA RECLAMA UNHA ACTUACIÓN RÁPIDA E CONTUNDENTE DA XUNTA PARA SALVAR A CONFRARÍA DE MALPICA

Información
Portada 04 Julio 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamou hoxe unha “actuación rápida e contundente” da Xunta para “salvar á Confraría de Malpica”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión parlamentaria sobre a situación do pósito, que acumula unha débeda de 300.000 euros con Portos de Galicia e coa Seguridade Social que pon en risco a súa supervivencia.

 

Toja sinala que a prioridade do goberno galego “debe ser evitar que peche” unha Confraría que conta con máis de 60 anos de historia e aglutina a máis de 200 cofrades, cun papel fundamental para a vila. Critica o desleixo do goberno galego fronte a esta situación, e sinalou que “sendo Portos un dos acredores máis importantes, deberan sentarse a falar e buscar solucións”.

A responsable socialista sinala que a a débeda “aplasta a xestión diaria”, cos traballadores sen cobrar dende o mes de marzo e cun ERE a piques de rematar. Mentres, as cantidades aportadas polos barcos son insuficientes para amortizar unha débeda que ao mesmo tempo impide o acceso ás subvencións públicas.