Fomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na X Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.
Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, unha cadeira de escritorio, unha colchoneta de praia, plásticos de silo, pilas, electrodomésticos, uralitas. As toalliñas húmidas volveu ser do lixo máis abundante. Apareceu tamén roupa, calzado...
No reconto preliminar, calculamos que os residuos de tódolos concellos suman máis de 8 toneladas, pero debemos lembrar que o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta.
A X Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrou este ano en 49 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 69 entidades (asociacións, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 10 concellos que organizan directamente esta actividade. Actuouse nun total de 43 treitos de río.
Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Para esta actividade contamos coa colaboración da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, así como cos concellos de A Coruña, A Estrada, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Lugo, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Teo, e Tomiño. Ao longo desta semana publicaremos na web do Proxecto Ríos: www.proxectorios.org e na web específica da limpeza: http://limpeza.proxectorios.org/ un informe coas conclusións finais desta actividade, así como as fotos da xornada da limpeza que aínda estamos a recibir dos grupos participantes. De momento van os resultados provisionais. Para descargar algunha foto da xornada pódese entrar no Facebook do Proxecto Ríos.
Queremos voltar a agradecer a todo o voluntariado galego o seu compromiso cos nosos ríos, un ano máis a sociedade galega Mollouse Polos Ríos!!
Presentan Querella Criminal contra Celega y ... - Xornal Galicia
Piden que se dote de nuevo al río Pesqueiras de ... - Xornal Galicia
El equipo de Carmen Santos recibirá una querella por DENUNCIA ...
Galicia - Xornal Galicia
Agricultura y Pesca sanciona a Lacteas del Atlántico S.L y a Celega ...
Pladesemapesga denuncia a A Marea Atlántica en la Agencia ...
Amenazan de muerte al director de Xornal Galicia, Miguel Ángel ...
El Progreso
Na seguinte táboa pódense ver os resultados:
Concello |
Grupo |
Voluntarios/as |
Rio |
Kg |
A Coruña |
ADEGA Coruña AAVV de Feáns Asoc. Hortas do Val de Feáns Concello da Coruña |
25 |
Feáns |
300 |
A Estrada |
Asoc. pola Defensa do Val do Liñares |
22 |
Liñares |
300 |
A Guarda |
Asoc. A Jalleira |
Sen datos |
|
|
Allariz |
CEA O Rexo Concello de Allariz |
Sen datos |
|
|
Ames |
Concello de Ames |
6 |
Rego dos Pasos |
35 |
A Merca |
Asoc. Xuvenil Xoldreira |
Sen datos |
|
|
Antas de Ulla |
Quercus Sonora |
6 |
Ulla |
100 |
Ares |
Asoc. Amigos do Mosteiro de Sta. Catalina de Montefaro |
Sen datos |
|
|
Arzúa |
Asoc. Pescadores do Iso |
14 |
Iso |
150 |
Barro |
A Barosa |
10 |
Barosa |
50 |
Betanzos |
Fragas do Mandeo |
20 |
Callou |
900 |
Caldas de Reis |
Independentes de Caldas |
Sen datos |
Bermaña |
|
Cambre |
Oficina de Voluntariado |
30 |
Mero |
350 |
Carballo |
Senda Nova |
25 |
Anllons |
120 |
Castro de Rei |
Asoc. Deportiva e Cultural Amigos do Miño |
12 |
Miño |
300 |
Catoira |
ANPA As Lombas |
12 |
Catoira |
70 |
Covelo |
Concello de Covelo |
Sen datos |
|
|
Fene Ferrol |
AETNA Concello de Fene Asoc. Betula ADEGA Trasancos |
7 |
Baa |
100 |
60 |
Cádavo |
100 |
||
Gondomar |
Asoc A Groba Concello de Gondomar |
18 |
Zamáns e Miñor |
950 |
Lousame |
Sociedade Histórica Coluna de San Fins |
6 |
Portinho |
5 |
Lugo |
ADEGA Lugo Plataforma Lugo de Cara ao Miño Asoc. Cultura do País |
Sen datos |
|
|
Sen datos |
|
|
||
Marín |
Grupo Cultural Ronsel |
28 |
Loira |
200 |
Meis |
CPI Mosteiro-Meis Comunidade de Montes de San Tomé Concello de Meis |
6 |
Ansede |
10 |
Melide |
Asoc. de Pescadores do Río Furelos |
5 |
Martagona |
120 |
Negreira-A Baña |
Asoc. Afonso Eanes |
9 |
Rego duomes e río Alvariña |
150 |
Nigrán |
Concello de Nigrán |
15 |
Esteiro da Foz |
500 |
Ourense |
Aula Natureza do Río Miño Ecovixiantes de Franciscanas |
45 |
Miño e Lonia |
125 |
Padrón |
Asoc. Naturalista Hispella |
9 |
Ulla |
70 |
Parada de Sil |
A Fábrica da Luz |
8 |
Mao |
|
Ponteareas |
Plataforma pola Defensa do Tea |
22 |
Tea |
450 |
Pontecesures |
Baudea Aventura |
7 |
Ulla |
200 |
Pontevedra |
Vaipolorío Fundación Juan XXIII Asoc. Xuntos Síndrome de Down |
16 |
Gafos |
70 |
Porriño |
Asoc. Española de Herrpetoloxía ValoraNatura |
2 |
Louro |
25 |
12 |
Louro |
120 |
||
Redondela |
Álvaro Diego Aldea Cooperativa |
20 |
Pugariño |
|
Rianxo |
Concello de Rianxo |
Sen datos |
|
|
Ribadumia |
Colectivo Ecoloxista do Salnés |
13 |
Umia |
250 |
Salceda de Caselas |
Asoc. Trezecatorze |
Sen datos |
|
|
Salvaterra de Miño |
Asoc. Lazoiro |
15 |
Tea |
150 |
San Sadurniño |
Concello San Sadurniño |
14 |
Xuvia |
100 |
Santiago de Compostela |
ADEGA Compostela Gentalha do Pichel Semente |
50 |
Sarela |
320 |
Sarria |
Asoc. Cultural Crearte Plataforma Sarriana polo Río |
11 |
Sarria |
487 |
Seoane do Courel |
CPI Uxío Novoneyra |
Sen datos |
|
|
Teo |
CEIP A Ramallosa Colexio Os Tilos |
Sen datos |
|
|
Tomiño |
CEP Pedro Caselles |
Sen datos |
|
|
Valga |
José María Eiras |
5 |
Valga |
130 |
Verín |
Asoc. CDR Portas Abertas |
18 |
Támega |
200 |
Vilanova de Arousa |
Asoc. Roi Vicente |
10 |
Currás |
250 |
Vigo |
Asoc. Lagares Vivo |
30 |
Lagares |
300 |
Xunquiera de Ambía |
Iniciativa Xunqueira |
15 |
Arnoia |
50 |
Total |
658 |
43 |
8.107 |
--