Loli Toja portavoz de pesca del PSOE en Galicia instó a la Conselleira de Mar a activar el plan CANGAL de contaminación marina para evitar la mortandaz del marisco de las rías gallegas, Rosa Quintana se negó

Información
Portada 20 Octubre 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

En la comisión Parlamentaria ante la presencia de Rosa Quintana la portavoz de pesca del PSOE insto a la Conselleira a que activara el Plan Cangal creado por el PPdeG para evitar la contaminación de las zonas de producción marisquera del Sur de Galicia ante la ríada de cenizas a los ríos y las mismas zonas de marisqueo a lo que tras varios días de GRAVE ALARMA entre las familias que viven del marisqueo la titular de pesca de la Xunta "pasó olimpicamente, no solo del PSOE, si no de todo el sector pesquero de Galicia, provocando un desconocido interés en que se contaminen las zonas de marisquero....

 

OS SOCIALISTAS URXEN A ACTIVACIÓN DO CAMGAL PARA PROTEXER AS RÍAS DA CONTAMINZACIÓN POR CINZAS

 

 

 

Loli Toja presenta unha batería de iniciativas parlamentarias para lembrar o risco para o ecosistema mariño derivado dos lumes da pasada fin de semana

 

 

 

Santiago de Compostelas, 20 de outubro de 17. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, urxiulle hoxe ao goberno galego a posta en marcha do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña –Camgal-, para protexer ás rías do efecto das cinzas. A responsable socialista presentou unha batería de iniciativas para dar a voz de alarma diante deste fenómeno derivado da vaga de lumes da pasada fin de semana.

 

 

 

Os socialistas galegos alertan da urxencia de poñer en marcha este protocolo que establece as normas e procedementos básicos de actuación, a estrutura de organización e o sistema de resposta fronte a un episodio de contaminación mariña accidental que afecte ao litoral galego.

 

 

 

Advertiu que “é necesario establecer medidas preventivas coa máxima urxencia”, para evitar que as substancias tóxicas cheguen ao mar, onde afectan directamente ao ecosistema produtivo de mariscos e moluscos. Nestes últimos a incidencia resulta especialmente grave, xa que a contaminación prodúcese por filtración, un proceso no que reteñen gran cantidade de materia orgánica.

 

 

Seguir leyendo....(+)