O mesmo Intecmar confirma a "burla de Feijóo con Galicia e os galegos/as ao CONFIRMAR NO PARLAMENTO QUE FEIJÓO SABÍA QUE NON HABERÍA LABORATORIO DE BIVALVOS CANDO ANUNCIOU A CANDIDATURA GALEGA

Información
Portada 27 Junio 2018
social youtube xornalgalicia   feed-image

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe o “nivel de ridículo” acadado polo goberno galego e o presidente da Xunta coa candidatura de Galicia como sede do Laboratorio de Control Bacteriolóxico de Bivalvos. No debate dunha pregunta oral a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, confirmou que Feijóo presentou a candidatura sabendo que esta non era posible.

 

A directora do órgano sinalou hoxe que Feijóo fixo o anuncio da candidatura deste órgano coincidindo coa celebración dos dez anos do Intecmar, o pasado 24 de novembro en Vilanova de Arousa, cando dende mediados de mes xa sabían que o Goberno central non presentara a candidatura diante da UE e que o laboratorio sería desmantelado.

Torrado advertiu a súa sorpresa pola “molestia amosada por que pidamos a candidatura do laboratorio completo para Galicia –cando só virá a Vigo un departamento- cando foi o propio Feijóo quen anunciou a candidatura completa, quéixense diante del”, apostillou. Ademais, lembrou que o propio PP votou a favor dunha proposta socialista para presentar a candidatura de Galicia como sede do Laboratorio.

Lembrou ás reiteradas intervencións da conselleira do Mar, que respondeulle aos socialistas en decembro xustificando que no mes de xullo defendera a candidatura porque non souberan ata outubro que o organismo ía ser desmantelado. Daquela, sinalou Torrado, tamén puxera en evidencia ao presidente da Xunta, quen en novembro organizara un acto para anunciar a candidatura no Intecmar de Arousa.

Proceso

Torrado explicou de novo que o Ministerio de Sanidade votou o 18 de outubro en Bruxelas a favor da disolución do laboratorio, que ata o Brexit estaba localizado no Reino Unido, mentres Feijóo anunciaba publicamente a candidatura na sede do Intecmar máis dun mes despois.

Criticou que o PP e o goberno galego intentaran responsabilizar primeiro a Cataluña, supostamente presente no Comité Europeo de Plantas, Animais, Vexetais e Alimentos, e despois ao comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria como presidente, obviando que non tiña voto na sesión que decidiu suprimir o organismo.

Explicou que naquela xuntanza si que participou o Ministerio de Sanidade, que ademais votou a favor, sen ter amosado ningunha obxección, como si que fixo Suecia, que presentou as súas alegacións en contra.