Enviar por ; Correo electrónico

Día Mundial dos Humedais: Un día para a celebración e a denuncia ambiental

Diario Marítimo ; 29 Enero 2016  ; 542 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O 2 de febreiro de cada ano é o Día Mundial dos Húmidas e nel conmemorase a data
na que se adoptou a Convención sobre os Humidais de Ramsar 1971.

O
Convenio Mundial RAMSAR de Conservación dos Humidais, (do cal España é parte),
baixo o lema “Humidais para o noso futuro: Medios de vida sustentables". Este
ano elixiuse este tema para demostrar o papel esencial que desempeñan os
humidais para o futuro da humanidade e particularmente a súa relevancia para o
logro dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Cabe destacar, que
Amigos da Terra é unha das únicas asociacións en Galicia que recolle estes
eventos na páxina oficial de RAMSAR.

Os humidais proporcionan numerosos
servizos imprescindibles para a vida humana e para o equilibrio do Planeta:
regulan o clima, os ciclos da auga ou, como no caso do litoral de Galicia, son
unha importante fonte de traballo e de economía sostible grazas á súa enorme
produtividade marisqueira e pesqueira.

No Día Mundial dos Humidais,
Amigos da Terra quere recordar a necesidade de promover en Galicia un modelo de
desenvolvemento baseado no uso sostible dos nosos valiosos humidais, en vez da
súa destrución destes espazos que dende os anos 50 do século pasado perderon o
60% da súa superficie.

Denuncia

Pero non por ser espazos valiosos e contar
cun convenio internacional non están a salvo. Precisamente estes días Amigos da
Terra, xunto a unha ducia de colectivos máis, denunciamos os danos causados na
braña do Campo do Costado, na Serra da Groba, en Baiona. Alí, unhas obras de
cultivo forestal están destruíndo esta zona que conta con hábitats de interese
comunitario, tendo dous deles coa consideración de “hábitats prioritarios” na
norma europea e que acollen especies tan peculiares como  como o “mallo”
(Narcissus cyclamineus) incluído no 'Catálogo galego de especies ameazadas'.
Reclamamos a restitución do espazo e instamos ás administración que exerza as
súas funcións de vixilancia do cumprimento da normativa ambiental e actúe
conforme a dereito.

Actividades

Aínda que o día dos
humidais é o día 2 de febreiro, adiantamos os actos de celebración aos días 30 e
31 de xaneiro. Desenvolveremos dúas actividades, nas provincias de Ourense e
Pontevedra, coa finalidade de facilitar o achegamento da poboación a estes
valiosos espazos e sensibilizar sobre a necesidade e importancia da súa
conservación.

Sábado 30 de xaneiro: Roteiro polo Río Loña,  Pereiro de
Aguiar.
 

En colaboración coa Aula de Natureza do río Miño, do
Concello de Ourense, realizaremos unha saída polas ribeiras do Río Loña para o
sábado 30 de xaneiro pola mañá.

Dende a Aula de Natureza de Oira sairemos
ás 10:00 horas para ir ata o encoro de Cachamuiña onde dará comezo a actividade
as 10:30. Quen o prefira pode achegarse directamente a dito punto. Dende aquí
iremos de paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do río Loña guiados polo
naturalista Alberto Rivero, que nos axudará a coñecer un pouco mellor a flora e
a fauna deste espazo.

Localización : Encoro de Cachamuiña, Pereiro de
Aguiar (42.338033, -7.802758)
Sábado 30 Xaneiro 2016
Horario: 10:30 -
13:30


Domingo 31 de xaneiro: Visita as brañas de Chan da Lagoa, A
Groba, Baiona.

Visita reivindicativa a este espazo de gran valor
natural e que está sendo degradado por unha actuación de reforestación nada
afortunada que está a afectar gravemente á estrutura deste humidal.  Nesta
visita, en colaboración co Colectivo Matogueira, daremos a coñecer os valores
naturais deste espazo e analizaremos os danos causados no lugar.

Para
participar so tes que achegarte ao lugar ás 10.30 horas nas que dará comezo a
actividade de comezo da actividade.

Localización: Chan da Lagoa, A Groba,
Baiona (42.091128, -8.859684)
Domingo, 31 Xaneiro 2016
Horario: 10:30 -
13:30

Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de
aves, se dispoñedes deles.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +