Enviar por ; Correo electrónico

Xornada aberta no CEA sobre os riscos costeiros en clave económica

Diario Marítimo ; 08 Febrero 2016  ; 637 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Definir un marco de referencia sobre os custes e beneficios da prevención e resposta ás ameazas costeiras que resultan de eventos hidrometeorolóxicos (inundacións, erosións da costa, fortes oleaxes por tormentas, aumentos no nivel do mar) e accidentes que causan vertidos de hidrocarburos é o obxectivo do proxecto europeo EcosHaz (Economics of Prevention Measures Addresing Coastal Hazards) no que participan investigadores do grupo Eco-Iuris da USC e das Universidades Pablo Olavide, Middlesex University, Universita degli Studi di Catania, do Maritime Institute in Gdansk e de Sigma Consultants Ltd.

Os membros do proxecto celebrarán esta semana, os días 9 e 10, unha xuntanza de traballo co lema ‘Economía da prevención de riscos costeiros’, que inclúe tamén un obradoiro aberto á participación da comunidade universitaria e axentes interesados. As persoas interesadas poden rexistrarase previamente enviando un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Nesta sesión aberta, que se desenvolverá este martes 9 ás 14.00 horas no Centro de Estudos Avanzados, debateranse diferentes temas de actualidade, como a rendibilidade das medidas de prevención de riscos costeiros e a función dos stakeholders, a aplicación das directivas en materia de inundacións, os plans de continxencia existentes no caso de vertidos mariños (con especial atención ao caso galego) ou os mapas de risco de erosión costeira, entre outras cuestións.

Boas prácticas
Ao longo de dous anos de traballo que se completarán en 2016, este proxecto internacional traballa na avaliación dos coñecementos actuais así como as deficiencias e retos detectados no proceso da análise custe-beneficio aplicados ao ámbito dos riscos costeiros en clave económica, así como no desenvolvemento dun mecanismo eficaz de intercambio de coñecemento para analizar boas prácticas tantos dos socios do proxecto como de experiencias internacionais.

O labor deste equipo de expertos e expertas tamén permitira crear un sistema de información integrado con ferramentas de apoio que proporcione orientación e acceso a unha rede de asesores especializados, materiais e outros recursos en situacións de catástrofe ambiental na costa. O abano de resultados incluiría igualmente a realización de accións piloto que subliñen e mostren exemplos de boas prácticas e faciliten a adaptación dos métodos máis adecuados a cada ámbito xeográfico.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +