Enviar por ; Correo electrónico

L FESTA DA TROITA

Diario Marítimo ; 09 Febrero 2016  ; 628 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

MEMBROS DO GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS E REPRESENTANTES DE GLOBAL DxT INICIAN CONTACTOS PARA ORGANIZAR A III RUTA DE BICI DE MONTAÑA BTTROITA QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO 8 DE MAIO COMO LIMIAR DA “L FESTA DA TROITA”

Pretenden mellorar o circuíto e adaptalo ás suxerencias feitas polos corredores que participaron na pasada edición, que superou o medio milleiro de ciclistas

Pontevedra, 8 de febreiro de 2016

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, membros do equipo de goberno e responsables da empresa de xestión deportiva Global DxT mantiveron unha reunión no Consistorio co fin de iniciar os preparativos da III Ruta de Bici de Montaña BTTROITA que terá lugar o domingo 8 de maio e que servirá de acontecemento deportivo que abra as celebracións do 50 Aniversario da Festa da Troita.

A intención do alcalde, Andrés Díaz, é seguir apostando pola celebración de probas deportivas de participación popular en Ponte Caldelas e axudar a consolidar esta proba non competitiva dentro do calendario dos amantes da bicicleta de montaña que teñen neste municipio un lugar extraordinario para a práctica deste deporte en contacto directo coa natureza.

Os organizadores pretenden adaptar o circuíto ás suxestións realizadas polos participantes na pasada edición para o que se levará a cabo labores de limpeza e acondicionamento de pistas, sinalización e levantamento topográfico dos tramos polos que discorrerá a terceira edición da BTTROITA, etc.

A organización pretende que nesta edición, do mesmo xeito que sucedeu nas anteriores, se habiliten zona de duchas, lavado de bicicletas, avituallamentos sólido/líquido e zona de aparcadoiro.

A celebración desta proba persegue fomentar o uso e disfrute da bicicleta de montaña e, do mesmo xeito que o pasado ano, estará aberta a todos os afeccionados á mesma. A intención tanto do Concello de Ponte Caldelas como da organización é que se poida gozar das marabillosas paraxes que ofrece a contorna natural do municipio de Ponte Caldelas, nun ambiente deportivo e de compañeirismo.

Esta proba deportiva enmárcase dentro das actividades de promoción e disfrute da popular Festa da Troita que este ano chega ás súas vodas de ouro e terá lugar na fin de semana do 28 e 29 de maio en Ponte Caldelas.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +