Enviar por ; Correo electrónico

As travesías turísticas no galeón Cortegada regresan este verán a Vilagarcía

Diario Marítimo ; 30 Mayo 2017  ; 273 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O Concello de Vilagarcía e a asociación Rompetimóns volven a colaborar para poñer en marcha unha nova edición das travesías en galeón pola contorna da illa de Cortegada. Como en anos anteriores, as travesías serán de balde e celebraranse durante as fins de semana dos meses de verán. As datas e horarios, así como prazo de inscrición comunicaranse proximamente. Esta actividade de dinamización turística, de divulgación na navegación tradicional lévase a cabo a través da colaboración do Concello de Vilagarcía e a asociación cultural Rompetimóns, de Carril.
25.05.2017.- Concello e Rompetimóns asinarán un convenio mediante o cal, o colectivo realizará 18 travesías no galeón Cortegada durante as fins de semana dos meses de verán. A actividade será de balde para o público, polo que o financiamento da mesma corre a cargo da administración local que abona 4.500 euros a Rompetimóns pola realización das travesías.
O programa das rutas en galeón son unha alternativa turística e de ocio que permite ao participante participar na experiencia de navegar a vela nunha embarcación tradicional galega, gozar da paisaxe da Ría de Arousa e coñecer a riqueza natural e patrimonial da illa de Cortegada, integrada no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, arquipélago candidato á ser declarado Patrimonio da Humanidade. . As travesías en galeón son xa un atractivo fixo na axenda turística estival de Vilagarcía e contan cunha gran acollida por parte do público. A actividade enmárcase no programa de educación medioambiental e etnográfica organizada polas Concellería de Medio Ambiente e Turismo. As rutas en galeón son froito da colaboración que manteñen dende hai anos o Concello de Vilagarcía e a asociación Rompetimóns e que comezou coa concesión dunha subvención por parte da administración local para que o colectivo puidese recuperar esta embarcación tradicional.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....