Enviar por ; Correo electrónico

A Concello do Grove presenta o programa completo da LIV edición da Festa do Marisco

Diario Marítimo ; 08 Septiembre 2017  ; 168 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O programa editarase en cinco idiomas e conta con actividades durante os dez días da Festa.

O Grove, 8 de setembro de 2017. Logo de que o pasado venres se fixera a presentación oficial da programación musical da Festa do Marisco, esta semana procédese á dar a coñecer o programa completo de eventos dos dez días. Como ven sendo habitual, as actividades da Festa do Marisco de 2016 xa deron comezo a pasada semana co Campionato canino celebrado na Illa da Toxa e tamén se contará con actividades durante o mes de setembro.

 

 

 

 

Xa o 5 de outubro comezará a Festa do Marisco onde, como xa se destacou en anos anteriores, a música é unha protagonista fundamental. Ademais dos "Concertos do Marisco" este ano destaca o programa "Música de Galicia na Festa do Marisco" que pretende achegar aos veciños e veciñas do Grove e aos visitantes o folclore galego dende un punto de vista amplo que vai dende a música máis tradicional (coa Banda de Instrumentos Populares de Suso Vaamonde) ata a que conta con máis historia (co Orfeón Marítimo do Berbés) ata novas perspectivas (como a do gaiteiro Xulio Lorenzo que presentará, ademáis, a muiñeira de Floreano).

 

 

 

Debe destacarse ademais no programa da Festa a colaboración dos colectivos culturais e deportivos locais que participan en distintas actividades e exhibicións, como a que realiza o Club Biqueira ou a Escola de Baile Cantodorxo e o grupo folclórico Paradanda-Mecos, ou todos os participantes na "Pandeiretada" entre outros. Mantéñense no programa as citas tradicionais como a Carreira Popular, as regatas de dornas a remo e a vela e o encontro de vespas e lambretas.

 

 

 

A cociña en vivo tamén sigue presente, contando ademais este ano con catas de viño da man da Ruta do Viño Rías Baixas da que O Grove é membro. Tamén Emgrobes realizará as súas mostras, a Confraría de Pescadores trasladará as súas mostras mensuais á Carpa e volveremos a ter ocasión de ver receitas co Rodaballo de Insuiña. No mesmo espacio da Cociña en Vivo tamén se celebrará o tradiciona concurso de pratos de Mexillón de Amegrove.

 

 

 

Dende o Concello do Grove facilitaranse detalles das distintas actividades incluídas no programa ao logo da vindeira semana que culminará, o venres coa presentación da Festa do Marisco en Barcelona.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +