Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
Categoría: Portada

Pontón reivindica o patrimonio marítimo de Galiza na XII edición de embarcacións tradicionais en Combarro

Información
Portada 04 Julio 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

Ana Pontón na XII edición de embarcacións tradicionais en Combarro Ana Pontón na XII edición de embarcacións tradicionais en Combarro A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón realizou hoxe unha visita institucional ao concello de Poio onde foi recibida polo rexedor nacionalista, Nito Sobral, a corporación municipal e membros da formación nacionalista. Asemade,  mantivo diversos encontros con colectivos económicos e sociais e  asistiu  á XIII edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza que se está a celebrar en Combarro onde afirmou, “temos o patrimonio máis importante de Europa e debemos poñelo en valor”. Neste sentido asegurou que existen  outros lugares, como Irlanda ou Escocia cun grande potencial que fixeron do seu patrimonio, material e inmaterial, “un activo, social cultural e económico”.

Para a portavoz nacionalista é necesario realizar “un inventariado” do patrimonio vinculado co mar e dende a Xunta apoiar todo o labor que está a desenvolver a Federación Galega  pola Cultura Marítima e Fluvial, “como incentivo para o importante  potencial turístico neste ámbito”.

Tras a xuntanza coa corporación municipal, a líder do BNG comprometeuse a trasladar ao Parlamento galego as demandas do concello de Poio entre as que destacou: “a dotación de solo industrial e  a mellora das condicións da seguridade viaria na principal arteria que une Poio con Saxenxo”.

Por outra parte,  Ana Pontón, o  deputado por Pontevedra, Luís Bará e o alcalde de Poio  mantiveron unha xuntanza con representantes das mariscadoras a pé que trasladaron a líder nacionalista  as reivindicacións do colectivo. Pontón lembrou que o BNG no Parlamento galego presentou diversas iniciativas para mellorar as condicións laborais deste colectivo con “riscos específicos e moi  diferentes” aos que se producen noutras actividades polo que anunciou o seu compromiso para presentar novas propostas destinadas a o recoñecemento de doenzas profesionais, bolsa de axudas nos períodos de inactividade  e  insistir no  saneamento da ría.

Na xornada da tarde, Ana Pontón tamén se reuniu con membros da AMPA do CEIP de Chancelas para abordar entre outras problemáticas, o desdobre para rebaixar o número de alumnos por aula e  contratación de profesorado.