O pasado fin de semana celebrouse na praia de Laxe o campionato galego xuvenil, xunior e máster.Na xornada de sábado en categoría xuvenil Manuel Muiño alzábase co primeiro posto na proba de sprint praia e co bronce en bandeiras. Nesta mesma proba Ana Yao Gómez conseguía o mismo metal. O relevo xuvenil femenino conseguiu o subcampionato no relevo tapling e o bronce en relevo sprint. Os chicos sacaron 3 bronces nos relevos rescate con táboa, tapling e rescate tubo.
Na categoría xunior, Xian Pérez proclamouse campion galego en nadar surf e subcampion en carreira con táboa. No relevo táboa os xuniors conseguiron o bronce.
Na categoría máster as chicas quedaron campionas galegas en relevo sprint e a deportista do salvar Maria Carmen Álvarez Rodríguez alzouse co título de mellor deportista do campeonato -45 anos