Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Inicio
Categoría: Portada
Visto: 214

Campus do Mar aterriza en Baiona para despedir o verán con ciencia mariña

Diario Marítimo ; 26 Agosto 2017  ; 214 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Campus de Excelencia Internacional da Universidade de Vigo, Campus do Mar, celebra anualmente o Programa "Mergúllate no Océano", que dende 2010 percorre as praias galegas divulgando coñecementos de ciencia mariña ás persoas que pasan os seus días de vacacións na praia.

Dende hoxe e ata mañan, "Mergúllate no Océano" chega á Praia da Ribeira en colaboración do Concello de Baiona. Os obradoiros estarán abertos a todas as persoas interesadas en horario de 11:00 da mañan a 20:30 da tarde. A participación é totalmente gratuíta.

 

 

 

 

O programa divulgativo naceu co obxectivo de que a poboación da área de influencia do campus internacional de temática mariña que lidera a Universidade de Vigo se caracterice por ter coñecementos específicos relacionados coa investigación que se desenvolve dende os centros de investigación mariña de Galicia. A través dun recinto itinerante e dunha serie de actividades e obradoiros interactivos, as persoas participantes obteñen coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía mariña dun xeito divertido e lúdico.

 

 

 

O percorrido comeza no posto de recepción, onde o persoal informa aos participantes do funcionamento da actividade e fai entrega dun pasaporte de selos, onde cada persoa irá recibindo un selo cada vez que participe en cada un dos 7 obradoiros.

 

 

 

Os obradoiros, de temáticas diversas relacionadas co mar, como a formación da ondaxe no mar, a biodiversidade mariña, a xestión pesqueira e a idade dos peixes, entre outros, están dirixidos por persoal con titulación superior en ciencias experimentais e especialistas en divulgación científica, que superaron un proceso selectivo para o desempeño deste traballo. Estas persoas garanten o rigor científico e a calidade do programa.

 

 

 

Os obradoiros están dirixidos a todo tipo de público, independentemente da súa idade ou dos seus coñecementos de partida.

 

 

 

Baiona é a última parada da edición estival do programa, que volverá por primeira vez o mes de setembro a localidades como Pontevedra, Ourense ou a ETEA na parroquia viguesa de Teis.

 

 

 

Mergúllate no océano supón unha clara aposta do CEI Campus do Mar pola divulgación científica, e convertiuse en un dos programas de divulgación científica mariña máis relevantes do pais. Unha oportunidade única para aprender máis sobre un dos principais tesouros da nosa comunidade, o mar.