ESQUERDA UNIDA CELEBRA A VICTORIA DAS XENTES DO MAR, QUE ACADARON A RETIRADA DA LEI DE ACUICULTURA

Información
Acuicultura 23 Febrero 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Dende Esquerda Unida celebramos a retirada do anteproxecto de Lei de Acuicultura, mediante a cal a Xunta pretendía entregar o litoral e as augas interiores galegas ás multinacionais; aínda que recordamos que neste eido fica moito por mellorar como, por exemplo, no referente á mellora da lei de pesca ou co problema do cerco e a defensa da pesca artesanal, entre outros.

Segundo explica Juan Fajardo, membro da dirección de EU e deputado de AGE, “as facilidades para a instalación das multinacionais e as súas prácticas monopolistas facían deste texto unha bomba perfecta para esnaquizar o noso mar e a economía do noso sector primario. Tan só a protesta unánime da sociedade lograba, nun primeiro momento, paralizar a lei e, esta mañá, a catro días dunha manifestación multitudinaria, foi posible que o Goberno galego aceptara finalmente retirar o proxecto de Lei de Acuicultura”, expón.

“Se ben a presión da sociedade e a manifestación convocada polas confrarías, foron factores decisivos para forzar á Xunta de Galicia a este cambio, o xesto do Goberno non acabará coa manifestación deste sábado e a convocatoria manterase, xa que agora é o tempo de buscar solucións ao problema do cerco e as cotas, a defensa da pesca artesanal, da rexeneración das nosas rías ou de mellorar a lei de pesca; desafíos aos que a conselleira Quintana non está preparada, polo que seguimos a esixir a súa dimisión”, di Fajardo.