Enviar por ; Correo electrónico

Paraquasil investiga novas ferramentas na diagnose, prevención e control de parasitos en piscifactorias

Diario Marítimo ; 06 Abril 2017  ; 549 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Foto do grupo da USC participante no proxecto Parafishcontrol

O grupo Paraquasil da USC forma parte, xunto con outros 29 grupos de investigación e empresas de trece países, do proxecto ParaFishControl, financiado pola UE con 7,8 millóns de euros e que pretende mellorar o coñecemento sobre a bioloxía dos parasitos de peixes, as interaccións co hospedador e o desenvolvemento de ferramentas de diagnose, prevención e control en piscifactorias europeas. É un tema de especial relevancia polas “importantes perdas económicas que ocasionan os parasitos en peixes cultivados, causándolles estres, reducindo o seu crecemento e provocando altas taxas de mortalidade”, explica o investigador do equipo compostelán Jesús Lamas.
Concretamente o grupo da USC, formado por profesores do Instituto de Investigación e Análises Alimentarias e das facultades de Bioloxía e Farmacia, centra o seu traballo  no ciliado Philasterides dicentrarchi, parasito que produce a escuticociliatose, unha enfermidade que causa relevantes mortalidades en rodaballo cultivado, especie na que Galicia é líder en produción a nivel europeo. Dende o inicio do proxecto en 2015, o traballo do grupo da USC desenvolveu un sistema para identificar e cuantificar P. dicentrarchi en granxas de peixes de auga mariña, tanto a nivel de especies como de cepa. Entre os principais avances xa acadados, Jesús Lamas apunta “importantes achegas no relativo á bioloxía do parasito”, así como sobre os factores de virulencia utilizados, ademais de “ter identificado factores do sistema inmunitario de rodaballo claves para a súa defensa fronte ao ciliado”.
Vacinas e pensos Dos primeiros achados do laboratorio xa se ten beneficiado o sector, “o grupo xerou unha vacina fronte ao parasito que se usa actualmente en piscifactorías así como un novo adxuvante baseado na microesferas de polímeros biodegradables, tamén patentado recentemente”. Mentres que a vacina existente induce protección fronte á cepa homóloga, as investigación actuais están encamiñadas a mellorar a preparación antixénica para inducir protección fronte a todas as cepas virulentas do parasito.
En relación co desenvolvemento de sistemas de control fronte escuticociliatose, Jesús Lamas explica que o grupo Paraquasil leva testado gran cantidade de produtos, “a maioría obtidos de plantas”, co fin de avaliar a súa efectividade. Destes produtos, “os que posúen a actividade antiparasitaria máis potente pero con menor toxicidade para os peixes van a ser incluídos en pensos comerciais en colaboración cunha empresa de nutrición animal”.
ParaFishControl En ParaFishControl, acrónimo do proxecto ‘Advanced Tools and Research Strategies for Parasite Control in European farmed fish’ conflúen 29 entidades participantes do sector público e privado de trece países europeos: Alemaña, Croacia, Dinamarca, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Italia, Noruega, República Checa e Reino Unido, ademais de España.
O proxecto toma como punto de partida a prevención e xestión das enfermidades como factores esenciais para a sustentabilidade da industria acuícola europea. Neste sector, a diversidade de especies e prácticas agrícolas en toda Europa implica un número significativo de ameazas relacionadas cunha gran variedade de axentes patóxenos que obstaculizan a produción. Fronte esta realidade, o proxecto procura contribuír ao deseño de “prácticas e ferramentas preventivas e curativas específicas que aseguren un alto nivel de bioseguridade da produción acuícola e produtos pesqueiros relacionados”.
Neste contexto, os parasitos e as infeccións relacionadas “poden causar danos significativos ás especies de peixes de cría e poden dar como resultado un desempeño pobre en crecemento, un benestar deteriorado e altas taxas de mortalidade con consecuencias significativas e ter mos de produción e desempeño económico”. Ademais de Jesús Lamas, integran o equipo da USC José Manuel Leiro Vidal, Manuel Noia Guldris e Asteria Luzardo Álvarez.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +