BESTEIRO APOSTA POR “UN SECTOR NAVAL COMPETITIVO, TEMOS QUE DEIXAR ATRÁS AS PROMESAS INCUMPRIDAS POLO PP E RECUPERAR OS COMPROMISOS SOCIALISTAS”

Información
Astilleros 05 Diciembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

“Os investimentos en infraestruturas do Estado en Galicia baixaron en 600 millóns nos últimos catro anos”, afirma o secretario xeral dos socialista galegos en Navantia

O PSOE ten un plan para reindustrializar Galicia que levará a cabo baixo a presidencia de Pedro Sánchez”, asegura o líder do PSdeG

Ferrol, 4 de decembro de 2015. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apostou esta tarde en Ferrol por “un sector naval forte e competitivo, temos que deixar atrás as promesas incumpridas polo PP, moitas delas en campaña electoral, e recuperar os compromisos socialistas”.

“Os investimentos en infraestruturas do Estado en Galicia baixaron en 600 millóns nos últimos catro anos, unha caída que prexudicou moito á industria”, afirmou o líder do PSdeG tras manter unha reunión co comité de empresa de Navantia.

O PSOE ten un plan para reindustrializar Galicia que levará a cabo baixo a presidencia de Pedro Sánchez”, asegurou Besteiro. Con respecto ao sector naval, os socialistas tiñan o compromiso de levar a cabo a construcción do dique flotante, pero co cambio de goberno e a chegada de Mariano Rajoy en 2011, o proxecto non saiu adiante.

“O sector naval sempre foi competitivo en Ferrol e ten que recuperar o seu impulso, medrar da man do I+D e recuperar as plantillas de traballadores nos asteleiros”, engadiu o secretario xeral do PSdeG, que garantiu o apoio dos socialistas ao sector.

“Nas emendas aos Orzamentos xerais de 2016, solicitamos un impulso para o naval e o dique flotante para Ferrol, a iniciativa pública é fundamental para recuperar a actividade en Navantia”, rematou.{jcomments on}