Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Astilleros

As centrais trasládanlles aos grupos parlamentarios a necesidade dun fondo de compensación para operarios/as do naval

Información
Astilleros 17 Julio 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image
2016 07 14 XuntanzaNavalParlamentoGalegoUnha representación da CIG, CCOO e UGT mantivo hoxe xuntanzas cos grupos parlamentarios de BNG, AGE, PSOE e PP para intentar que asuman a proposta sindical de establecer un fondo de compensación económica para os traballadores/as do sector naval. Durante a reunión en sede parlamentaria, na que tamén participou o comité de empresa de Vulcano -empresa que atravesa unha situación crítica-, as centrais instaron tamén aos grupos políticos a que lle reclamen ás Administracións públicas as medidas necesarias para garantir a actividade nos estaleiros da ría de Vigo.               
 

Na proposta que os sindicatos lle trasladaron aos grupos parlamentarios do BNG, AGE, PSOE e PP esíxeselles á Xunta e á Consellaría de Traballo a posta en marcha dun fondo de compensación co obxectivo de garantir a cobertura dos traballadores/as do sector, tanto nas prestacións económicas como nas perdas sufridas nos anos 2008-2015, as cotizacións á Seguridade Social e as revalorizacións das bases de cotización das pensións actuais e futuras, así como as axudas extraordinarias e a reposición dos subsidios de desemprego para os que esgotaron as coberturas nos distintos ERE.

Tamén se demanda da Administración pública que promova unha política industrial real para o sector, “mediante accións coordinadas dende o consenso dos axentes sectoriais encamiñadas a definir unha estratexia sostíbel e de futuro para o naval que deberán adoptarse no ámbito do finaciamento, da estratexia comercial, da identificación de nichos de mercado e dos estímulos á demanda”.

Finalmente, ínstaselle a tomar todas as medidas necesarias para asegurar a actividade e o mantemento do tecido produtivo e económico que conforman os estaleiros da ría de Vigo no seu conxunto.

Tras as xuntanzas cos partidos políticos, as tres centrais explicaron que os grupos parlamentarios de BNG, AGE e PSOE comprometéronse a introducir nos seus programas electorais as propostas dos sindicatos, xa que non daría tempo de levalas a pleno antes do remate da actual lexislatura. Con todo, anunciaron a súa disposición a intantar que se introduza na orde do día por vía de urxencia. Pola súa banda, o PP asegurou que estudaría as propostas plantexadas polas tres centrais.