Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Caladeros

OS SOCIALISTAS PEDIRÁN NO PARLAMENTO E NO CONGRESO A APERTURA DA PESQUERÍA DE CIGALA EN ZONAS QUE TERÍAN QUE ESPERAR ATA 2019

Información
Caladeros 01 Junio 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

Leiceaga Loli Toja cigalasA portavoz de Pesca do grupo socialista, Loli Toja, anuncia que os socialistas reclamarán no Parlamento de Galicia, e tamén no Congreso a través da portavoz de Pesca, a galega Margarita Pérez Herráiz, a apertura da pesquería de cigala na zona VIIIc e na unidade funcional 25, xa que “non é posible esperar ata o 2019”, ano no que o Consello Internacional para a Explotación do Mar ten previsto avaliar de novo a situación desta especie.

Toja comprométese así a respaldar as peticións dos afectados tras unha reunión esta mañá nas instalacións do grupo socialista no Parlamento de Galicia. A deputada reclamará unha reavalización do stock de cigala na zona VIIIc e Ixa, e que se faga un estudo específico sobre a situación do recurso de cigala por parte do Instituto Español de Oceanografía, “tal e como se está a facer no Golfo de Cádiz”, apunta.

O apoio ás reivindicacións do sector vén respaldado por un informe elaborado polos arrastreiros do Cantábrico Noroeste xunto co Instituto Español de Oceanografía da Coruña para a unidade funcional 25, do que se conclúe que “se aprecian elementos de recuperación da especie”. Polo tanto, “o peche da pesquería para o ano 2017 non ten sentido, e faise necesario reavaliar a situación atendendo a datos científicos e criterios biolóxicos contrastados, e non a criterios administrativos”, afirma Toja.