Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Caladeros
Visto: 2095
Información

O BNG comprométense cos cefalopodeiros a demandar a súa inclusión no Acordo de Pesca UE-Mauritania

Información
Diario Marítimo ; 07 Agosto 2015 ; 2095 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

IMG 20150727 WA0001 300x224A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, a voceira en Bruxelas, Ana Miranda, e o deputado no Parlamento Galego, Dani Rodas, mantiveron esta mañá unha xunta con cefalopodeiros de ANACEF, entre os que estaban o Presidente da Asociación, Francisco Freire e o Xerente da Cooperativa de Armadores, Juan Martín Fragueiro.

O tema principal abordado na xunta que se celebrou en Marín redundou en torno á nova exclusión dos cefalopodeiros do Protocolo Bilateral de Pesca UE-Mauritania. Aínda que rematou a ronda de negociacións entre Mauritania e a UE, existe marxe para poder incluir ao sector cefalopodeiro, tanto na pesca de cefalópodos como na pesca de especies demersales, xa que haberá unha Comisión Mixta en outubro próximo. Demandaron aos representantes do BNG que presionen ao Goberno central e á Xunta perante as tres institucións: Parlamento galego, Congreso e Parlamento europeo, a fin de conseguir licenzas de pesca para os 16 barcos de ANACEF.

É preciso pór de manifesto que a exclusión dos cefalopodeiros en 2012 mermou a capacidade desta frota. Pasou de estar composto por 24 barcos a ficar en 13, xa que o resto foron ao desguace. Actualmente podemos sumar outros 3 barcos que actualmente faenan en condicións moi precarias en augas de Guinea Bissau e Angola.

Hai marxe para que estean no Convenio Mauritania-UE

O sector explicou a Davila, Ana Miranda e Dani Rodas que existe marxe para que puidesen voltar á actividade cefalopodeira no caladoiro de Mauritania, non hai actualmente un problema de stock ou da situación dos cefalópodos posto que como se sabe, hai barcos chinos que se adican a esta actividade. É preciso lembrar que a exclusión dos cefalopodeiros galegos do Convenio UE-Mauritania desde 2012 e a falla de caladoiros alternativos, está levando a esta frota ao desguace.

Ademáis, cando logran licenzas de pesca como en Marrocos onde se deron 5 licenzas para barcos de ANACEF, non resulta produtivo estar alí porque Marrocos dictou un decreto segundo o cal non poden faenar a metade do tempo. Polo tanto, non resulta rendábel pagar a licenza para non poder case pescar. Nesta cuestión, tamén demandaron ás parlamentares do BNG iniciativas para demandar ao Goberno unha solución a este problema.

Davila, Ana Miranda e Dani Rodas comprometéronse cos cefalopodeiros a dar trasladar destas cuestións aos ámbitos parlamentares para implicar á Xunta, ao Goberno central e á Comisión Europea nun tema de grande importanza para o sector pesqueiro galego que a estas alturas sigue sen entender os verdadeiros motivos da súa discriminacións dos últimos Protocolos de Pesca UE-Mauritania.

No caso do Congreso, a portavoz do BNG xa dirixiu unha pregunta escrita á Ministra Tejerina polo tema de Mauritania, pero insistirá mediante a presentación de novas iniciativas. Dani Rodas e Ana Miranda darán traslado ao Parlamento galego e ao Parlamento europeo deste problema