Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Cofradias

O Concello pagou o ano pasado á Confraría de Vilaxoán 2.200 euros polos gastos da Axencia de Lectura

Información
Cofradias 06 Febrero 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image
O Concello de Vilagarcía xa está a contribuír nos gastos do edificio do Fogar do Pescador polo funcionamento da Axencia Municipal de Lectura. De feito, o pasado ano Ravella pagou á Confraría algo máis de 2.200 euros por este concepto, en virtude do convenio asinado en 2015 polo actual goberno. A axuda municipal podía chegar a 4.000 euros, pero segundo informou o departamento de Intervención, o pósito foi incapaz de xustificar máis gasto que a cantidade finalmente concedida. Nestes momentos estanse buscando fórmulas para que de cara ao ano que ven, a Confraría poida recibir o total da suma conveniada, sempre cumprindo co requisito legal de previa presentación de facturas que toda administración pública esixe.
03.02.2017.- Estes aspectos expuxéronse na reunión mantida onte entre o patrón maior e representantes dos colectivos que fan uso do Fogar do Pescador e no que participaron ademais a secretaria e a interventora municipal para expoñerlles e aclararlles os termos legais con total imparcialidade. Tamén se puxo de manifesto a total dispoñibilidade do Concello a asinar o convenio para o ano 2017, para o cal se buscarán fórmulas legais que permitan ao pósito acceder a máis fondos. Como xa se lle comunicara por escrito á Confraría de Pescadores, na reunión tamén se lle reiterou a imposibilidade xurídica e legal de asinar un contrato de arrendamento pola Axencia de Lectura, como pretendía o patrón maior, posto que o edificio foi construído polo Concello.
RECOÑECERON O TALANTE COLABORADOR E RESOLUTIVO DESTE GOBERNO
A ameaza de peche do acceso a Axencia de Lectura, aínda que coñecida sorprende en Ravella, xa que membros da Confraría recoñeceron na xuntanza a colaboración que están tendo por parte deste goberno. En primeiro lugar, porque o primeiro convenio co que contaron para financiar os gastos da Axencia foi asinado polo executivo socialista en 2015. Antes o pósito carecía de axudas municipais, incluídos os 4 anos do goberno do PP, do que o patrón maior formaba parte.
En en segundo lugar, porque esta colaboración non se limita a firma do convenio de 2015 a dispoñibilidade para renovar o acordo para 2017, senón que se traduce en outros asuntos de importancia económica para a Confraría como o desbloqueo do conflito que o pósito mantiña dende hai anos polos recibos do lixo e alcantarillado da lonxa. Tamén tivo que ser o executivo socialista o que lles resolvera este asunto facendo que os recibos acumulados dende 2011 se lle liquiden agora a Portos de Galicia, propietario das instalacións.
O goberno de Alberto Varela matén a súa oferta de colaboración coa Confraría pero prega rigor para que, á hora de informar, ofrezan toda a información e non só a que lle interesa.