Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Deportes

Volei-praia Razo 2016, nunha aposta polo deporte máis practicado nas praias de todo o mundo

Información
Deportes 11 Julio 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Volei-praia 2016                                                                                                                                                                                            

Un momento da presentación da actividade

O Concello de Carballo e Carballo Deporte organizan en colaboración coa Asociación Deportiva Cultural Volei-praia Costa da Morte a actividade de Volei-praia Razo 2016, nunha aposta polo deporte máis practicado nas praias de todo o mundo. Esta iniciativa, que xa é todo un clásico no areal carballés, pon a disposición de todos os visitantes redes para xogar todos os días dende as 16.00 ata as 20.00 horas.

Poden participar gratis todas as persoas que o desexen: principiantes, nenos e nenas ou expertos neste deporte

Ademáis, de luns a venres, de 17.00 a 18.00 horas, terán lugar as Pequescolas e as Escolas de voleipraia para todas as idades nas que os máis pequenos e pequenas poden gozar cos diferentes xogos, e os mais maiores poden perfeccionar a técnica ou iniciarse no mundo do volei-praia da man dos monitores da ADC Volei-praia Costa da Morte. Todas actividades son gratuítas, así que só tendes que pasarvos pola Explanada de Razo e preguntarlle aos monitores cando queredes comezar.

O torneo: o 14 de agosto

Como cada ano, tampouco podía faltar a cita ineludible do Torneo Foliada Concello de Carballo, que neste ano 2016 chega a súa novena edición. O 14 de Agosto é a data sinalada para esta gran festa do volei-praia, na que xogadores de toda Galicia se reúnen para gozar deste espectacular deporte, e pasar un día cheo de sorpresas, xogos, comida e moitas máis actividades na praia de Razo.
Así que, xa sabedes, deixade a toalla e vivide en primeira persoa a pasión, a beleza e o espectáculo do volei-praia, o punto de encontro a través do que coñecer xente, divertirse e poñerse en forma nunha contorna natural privilexiada en Carballo, como é a praia de Razo.