Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e representantes do Club de Remo Coruxo, o seu presidente Darío Fernández e o remeiro David Serodio, presentaron a XXIII Bandeira Concello de Vigo, que este ano volve á máxima categoría da Liga Galega, a división A, tras acadar o club do Vao o ascenso á mesma.

 

"É unha tripulación de primeira, cun mérito extraordinario, e satisfainos o seu ascenso", asegurou o responsable do deporte vigués, que pediu ao público que se achegue ao Vao porque "non hai ningunha outra regata deste estilo, cunhas vistas extraordinarias, que nos ofreza este espectáculo", sinalou.
Dende 2011 a organización é do Club de Remo Coruxo e a proba se celebra no Vao. A Liga Galega de Traiñeiras comezou o 14 de xuño e remata o 30 de agosto. É a quinta proba do calendario galego, que consta dunha ducia de regatas, pero é a terceira puntuable: a primeira foi no Grove e a segunda, este sábado en Vilaxoán. A bandeira está dotada con 9.000 euros (van dos 900 euros para a oitava tripulación ata os 1.530 € para a campioa) e compiten nela Amegrove, Mugardos, Ares, Bueu, Vilaxoán, Puebla, Salgado Perillo e Coruxo. Os premios subiron un 33% sobre o ano pasado. A saída, hacia Samil, terá lugar dende a ponte de Toralla. O campo de regatas cubrirase en 4 largos e 3 ciabogas (5.560 metros) paralela á praia do Vao. Haberá dúas quendas, unha ás 12:00 e outra vintecinco minutos despois. O público poderá seguila dende a ponte de Toralla co interese engadido de que as traiñeiras pasan por debaixo. É a terceira proba máis veterana do calendario galego despois do XXX Trofeo Teresa Herrera e da XXXII Bandeira do Grove. A primeira bandeira disputouse en 1986 e celebrouse consecutivamente ata 1992. Despois recuperouse no 2000 e dende 2003 puntúa para a Liga Galega de Traiñeiras. No palmarés figura destacado Samertolameu de Meira (11 títulos, o último no 2010). O Club de Remo Coruxo gañouna o ano pasado por vez primeira e defende título. Os clubs de Vigo que obtiveron a bandeira foron o Real Club Náutico (2008 e 2009) e o C.R. Coruxo (2014). "O obxectivo deste ano é a permanencia", sostiveron os representantes do C.R. Coruxo, aínda que "sempre hai posibilidades de gañar; o ano pasado era complicado e conseguimos levarnos a bandeira", dixo Darío Fernández. "É unha regata que todo o mundo está desexando remar ante a súa familia e na que se logran dende a ponte instantáneas incribles", apuntou Serodio. Dos oito clubs participantes este domingo, ademais do Club de Remo Coruxo (2014) e que defende título, gañaron esta bandeira Perillo (2001), Amegrove (2011) e Ares (2013).

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +